dimanche 31 août 2008

XELO NEGRO

Os nosos convidados para a velada de hoxe son unha das maiores bandas internacionais. Veñen presentar o novo, que é o mesmo de sempre (en riffs, ritmos, coros e sós), pero o mesmo de sempre é tan bo. O título, tamén en Michael Connelly. Fico atordado pola emoción.
Posté par Jaureguizar à 18:19 - Commentaires [0] - Permalien [#]

samedi 30 août 2008

ALTA VELOCIDADE

Esta noite coñeceremos o prazo real para a chegada do AVE a Galicia.  E, a seguir, gozaremos da leda elegancia de Lord Tanamo.
Posté par Jaureguizar à 00:52 - Commentaires [2] - Permalien [#]
mercredi 27 août 2008

DOBAO REÚNE O CLUB DA CALCETA

Antón Dobao vai filmar O Club da Calceta para Un mundo de historias. as actrices, entre outras, serán Camila Bossa, María Vázquez e Sonia Castelo. Non se pode queixar do reparto que deu xuntado. Tampouco María Reimóndez, que xa mira súa obra nos escenarios. A rodaxe comeza o 15 en Ferrol.
Posté par Jaureguizar à 23:55 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mercredi 27 août 2008

CONFERENCIA SOBRE AS ELECCIÓNS NORTEAMERICANAS

Uns expertos en eleccións norteamericanas darán esta noite no cabaret unha conferencia sobre o asunto para axudarnos a entendelo.
Posté par Jaureguizar à 21:20 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mardi 26 août 2008

UNHA CONVERSA SOBRE O CLIMA

A vida nova está abeirando un debate longo e, por veces, interesante. Aínda sería maior o interese se o presentador non teimase en ser protagonista e abroncar aos intervintes. Hai un retruque de I (eu respectarei o alcume, non entendo ese ferofascismo de andar fuchicando nos IP's para publicar os nomes e menos cando o espectador fala con corrección) que me está dando para reflexionar no que atinxe a un defecto meu que creo identificar e deberei solucionar. A respecto da mesura que pide I, estou, como imaxinan, en desacordo. A... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 09:57 - Commentaires [0] - Permalien [#]
lundi 25 août 2008

DE 29 A 1000

Anos sen Monzó, e agora saltamos de 29 a 1000 (Proximamente)
Posté par Jaureguizar à 23:34 - Commentaires [0] - Permalien [#]

lundi 25 août 2008

LONDON CALLING

O convidado desta noite vén de lonxe, mais me gustaría compartir con vostedes, prezado público, o seu inmenso talento compositivo. Prometeu un bis. Aviso de que lle hei pedir esta xenialidade, que tan acertadamente versionaron os Stray Cats rebaixada de tempo.
Posté par Jaureguizar à 23:20 - Commentaires [5] - Permalien [#]
lundi 25 août 2008

DEFENSOR DAS LINGUAS CATIVAS

¡Pero no me compare el catalán con el gallego! El catalán es un idioma importante, con una literatura impresionante. Pero el gallego ¿por qué ha de ser obligatorio en una universidad?
Posté par Jaureguizar à 19:09 - Commentaires [28] - Permalien [#]
mercredi 20 août 2008

PARISEO CURTAMENTE

Aínda co recendo de Paris nas glándulas olfatotactilogustativas, miro Paris je t'aime. Os Coen, sobrados de enxeño; Van Sant, moi correcto; Fréderix Auburtin e Gérard Depardieu entregan un agasallo a Ben Gazzara e Gena Rowlands; non menos especial que o que Richard Lagravanesse pon en mans de Bob Hoskins e Fanny Ardant; Alfonso Cuarón se exhibe cun magnánimo plano secuencia e unha trama sobordante de talento. O resto das curtas fan que pague a pena mirar o conxunto.
Posté par Jaureguizar à 23:06 - Commentaires [0] - Permalien [#]
lundi 18 août 2008

AFTER THE VRAO

O mâitre do cabaret marchou coma sempre, sen avisar. Agora volve avisando: estou de volta, distinguida e vagarosa clientela. Na caixa de correo á que me chegan as sorpresas atopo Tras do solpor. O malo é que o tempo de lectura váiseme congostrando porque teño dúas novelas que entregar antes do 15 de setembro e un relato que debía correr no correo de R antes de que se me bote enriba o horizonte deste mes. Convidei ao local a Benny Golson para que vostedes gocen en directo do tema que dá nome ao libro. Non sei de darei resistido a mirar... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 22:06 - Commentaires [5] - Permalien [#]