lundi 15 septembre 2008
THE BRAND NEW GOLDEN CALF
O novo becerro de ouro para adorar chámase Damien Hirst. O rapaz ten graza, pero desconfío de que haxa que pagar 13 millóns de euros polo seu xato dourado.
lundi 15 septembre 2008
CALVEIRO, PREMIO BARCO DE VAPOR
O Calvo non para de gañar premios, e eu que me alegro inmenso (que din os portugueses). Intertextualizo:
Marcos Sánchez Calveiro (Villagarcía de Arousa, 1968) fíxose hoxe coa vixésimo cuarta edición do Premio O Barco, dotado con 10.000 euros, coa novela O canto dous peixes. O xurado, formado por Xavier Senín, catedrático de Bacharelato; Manuel Figueiras, especialista en Literatura Infantil e Xuvenil; e Isabel Soto, crítica literaria e tradutora, sinalou que a novela gañadora "é unha escrita de gran valor literario cun léxico... [Lire la suite]
lundi 15 septembre 2008
ALTA TENSIÓN
A actuación desta noite representou unha delicada xestión para o cabaret, mais a morriña sempre paga o seu prezo.
lundi 15 septembre 2008
A BROMA FINITA
Hai tempo que me pregunto por que un pobo que baila cos brazos erguidos con ledicia aborrece tanto. Agora engádolle a pregunta porque alguén que escribe unha broma xenial acaba por tomarse tan en serio.
lundi 15 septembre 2008
OS ESPAGUETIS SEGUEN QUENTES
O moderno inter pares do país avísame de que houbo quen recomendou os espaguetis, esa vella obra benquerida.
