mardi 16 septembre 2008
LES LIVRES BRÛLENT SI BIEN
Aí anda Señor Rivas, nada menos que de finalista entre quince grandes do mundo para o Medicis-Étranger. ¡Buf! E aínda hai 3.400 galegos promovendo para o Nobel un escritor que non dá saído do país. Unidade de proposta arredor de Rivas, por favor.
mardi 16 septembre 2008
O GLOBO DE SKP, UN LIBRO ABERTO
Veño de falar co xornalista Daniel Hofkamp e co cámara Carlos coma se fose un libro aberto. Viaxaron ata Lugo para que lle falase do Globo de SKP, que aparecerá a primeiros do mes que vén en Xerais. Eles din que emiten en outubro.
mardi 16 septembre 2008
A ADICIÓN DE XOANA
Oscar Wilde afirmou, ao seu xeito, que o mellor modo de superar unha adición era renderse a ela. Ao porno, por exemplo.
mardi 16 septembre 2008
MODIANO E DEBORD TOMAN CAFÉ
O pasado luns publiquei n'El Progreso un artigo sobre o novo libro de Modiano. Xa que non puidemos ler o anterior e impresionante Un pedigree na nosa lingua, confiemos en que non aconteza o mesmo con este. O artigo vai dese lado da barra (en comentarios) para non entorpecer o movemento no cabaret.
