Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
24 septembre 2008

XABIER DOCAMPO, ALCALDE DE TRINTA CIDADES

Xabier Docampo inventou trinta cidades e reinos para ‘O libro das viaxes imaxinarias’. Os lectores coñeceranos grazas a dous cadernos dun viaxeiro «de fins do século XVIII e primeiros do XIX». Partindo dos cadernos do viaxeiro, Docampo describe marabillas coma «un reino onde todas as persoas son xustas, a cidade que esta baixo unha cerdeira, a que está na punta dun diamante ou a que fica xunta un lago de afogados". Entre cidade e cidade hai outros trinta textos que recollen «receitas imaxinarias, aforismos ou pensamentos que o viaxeiro ten da muller amada ou do seu can». O libro será publicado o mes que vén como libro singular por Xerais e Anaya. Docampo salientou que se trata de «un traballo a medias co ilustrador, Xosé Cobas. El fixo un traballo que non é reiterativo e que axuda decisivamente a construír a historia».

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 574
Publicité