mercredi 24 septembre 2008
XABIER DOCAMPO, ALCALDE DE TRINTA CIDADES
Xabier Docampo inventou trinta cidades e reinos para ‘O libro das viaxes imaxinarias’. Os lectores coñeceranos grazas a dous cadernos dun viaxeiro «de fins do século XVIII e primeiros do XIX». Partindo dos cadernos do viaxeiro, Docampo describe marabillas coma «un reino onde todas as persoas son xustas, a cidade que esta baixo unha cerdeira, a que está na punta dun diamante ou a que fica xunta un lago de afogados". Entre cidade e cidade hai outros trinta textos que recollen «receitas imaxinarias, aforismos ou pensamentos que o... [Lire la suite]
mercredi 24 septembre 2008
MARTÍNEZ PEREIRO, PREMIO REPSOL
Xosé Martínez Pereiro gañou o Premio Repsol con A verdade como mal menor cun volume de 45 relatos.
mercredi 24 septembre 2008
PLASTILINA NOS PULMONS, FINALISTA NOS 'SARMIENTO'
Este outono empeza de xeito espectacular para Plastilina nos pulmóns. A novela vén de ser escollida para a short list dos Premios Martín Sarmiento. Ía poñer cara de velocidade, pero desputarei cun amigo e con algún que outro amigo (Agustín, Rosa, Marilar, Fran) o favor dos 3.000 rapaces que compoñen o xurado. Síntome honrado de que un libro meu fose tido en conta e de que tantos alumnos vaian opinar a respecto dun traballlo meu.
mercredi 24 septembre 2008
BO DÍA
Os planetas erguéronse cedeiros para saudalos e desexarlles un bo día.