29 septembre 2008
PARAR DE CORRER, CESAR DE ESCRIBIR
Un amigo repróchame que practique deportes aburridos: nado medio quilómetro diario, fago uns seis quilómetros en bicicleta ou corro dous quilómetros. As miñas cifras son bastante ridículas comparadas coas que achega Murakami no seu último ensaio: corre 9,6 kilómetros decotío. O libro, que merquei na FNAC da Coruña a semana pasada, vai de comparar correr e escribir. O escritor comenta que tanto nunha como noutra actividade cesa cando está no punto de máximo rendimento. Eu paro de facer exercicio cando os pulmóns se me inchan coma dous globos a piques de rebentar, e deixo de escribir ás oito da mañá, ao acordaren os meus pícaros.
Publicité
Publicité
Commentaires
L
J
C