mardi 30 septembre 2008

VILAR INDAGARÁ NA COMUNA DE NEGUEIRA

Ignacio Vilar baseará a súa nova película, 'Vilamor', na comuna hippie que se creou a finais dos anos 70 en Negueira de Muñiz. O guión, no que anda traballando, comeza co regreso dun home a Foxo, o lugar no que viviu cando rapaz. Foxo, bastante transformado, será en realidade Vilauxín, unha aldea medio quilómetro máis arriba, xa no límite con Asturias. Vilar levará a unhas setenta persoas (a metade actores) para traballaren nese núcleo durante catro meses do verán do 2009.
Posté par Jaureguizar à 17:55 - Commentaires [3] - Permalien [#]

lundi 29 septembre 2008

PARAR DE CORRER, CESAR DE ESCRIBIR

Un amigo repróchame que practique deportes aburridos: nado medio quilómetro diario, fago uns seis quilómetros en bicicleta ou corro dous quilómetros. As miñas cifras son bastante ridículas comparadas coas que achega Murakami no seu último ensaio: corre 9,6 kilómetros decotío. O libro, que merquei na FNAC da Coruña a semana pasada, vai de comparar correr e escribir. O escritor comenta que tanto nunha como noutra actividade cesa cando está no punto de máximo rendimento. Eu paro de facer exercicio cando os pulmóns se me inchan coma dous... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:40 - Commentaires [3] - Permalien [#]
lundi 29 septembre 2008

AS BELAS NOITES DE ARANDO

Wong Kar Wai segue facendo as películas máis bonitas do mundo, mesmo sabe ser orixinal cando pon a Jude Law a bicar a Norah Jones.
Posté par Jaureguizar à 23:24 - Commentaires [0] - Permalien [#]
lundi 29 septembre 2008

O PREMIO GONZÁLEZ GARCÉS, DESERTO

O Premio González Garcés debería ficar deserto e o xurado debería defender a decisión que tomou.
Posté par Jaureguizar à 23:18 - Commentaires [9] - Permalien [#]
lundi 29 septembre 2008

XABIER LÓPEZ RODRÍGUEZ, PREMIO MEIGA MOIRA

Xabier López Rodríguez gañou o Premio Meiga Moira con Os globos de andar
Posté par Jaureguizar à 21:39 - Commentaires [0] - Permalien [#]
jeudi 25 septembre 2008

A XERACIÓN DESPISTADA

Francisco Castro reformula ideas que algúns apuntáramos, Camilo Franco e eu entre eles, para unha nova Xeración Nós. Alén de nominalismos, a necesidade segue aí.
Posté par Jaureguizar à 23:37 - Commentaires [7] - Permalien [#]

jeudi 25 septembre 2008

LAMA: "O BLOG CENTRÁBASE NUN POEMARIO CONSOLIDADO"

Xavier Lama expón as súas razóns no 'Caso Garcés'. Pola súa extensión, reproduzo unha parte como entrada e o resto como comemtario. Comunicación de Xavier Lama sobre o premio “González Garcés”. Coa lóxica sorpresa recibo fóra de Galicia ( e menos mal, porque semella que hai por aí orquestrada unha interesada ceremonia de confusión) a polémica relacionada con este premio, sobre a que quero facer algunhas consideracións en vista dalgunhas desinformacións posiblemente interesadas: 1.- Hai uns meses comunícanme... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 21:22 - Commentaires [39] - Permalien [#]
mercredi 24 septembre 2008

XABIER DOCAMPO, ALCALDE DE TRINTA CIDADES

Xabier Docampo inventou trinta cidades e reinos para ‘O libro das viaxes imaxinarias’. Os lectores coñeceranos grazas a dous cadernos dun viaxeiro «de fins do século XVIII e primeiros do XIX». Partindo dos cadernos do viaxeiro, Docampo describe marabillas coma «un reino onde todas as persoas son xustas, a cidade que esta baixo unha cerdeira, a que está na punta dun diamante ou a que fica xunta un lago de afogados". Entre cidade e cidade hai outros trinta textos que recollen «receitas imaxinarias, aforismos ou pensamentos que o... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 21:59 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mercredi 24 septembre 2008

MARTÍNEZ PEREIRO, PREMIO REPSOL

Xosé Martínez Pereiro gañou o Premio Repsol con A verdade como mal menor cun volume de 45 relatos.
Posté par Jaureguizar à 17:04 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mercredi 24 septembre 2008

PLASTILINA NOS PULMONS, FINALISTA NOS 'SARMIENTO'

Este outono empeza de xeito espectacular para Plastilina nos pulmóns. A novela vén de ser escollida para a short list dos Premios Martín Sarmiento. Ía poñer cara de velocidade, pero desputarei cun amigo e con algún que outro amigo (Agustín, Rosa, Marilar, Fran) o favor dos 3.000 rapaces que compoñen o xurado.  Síntome honrado de que un libro meu fose tido en conta e de que tantos alumnos vaian opinar a respecto dun traballlo meu.
Posté par Jaureguizar à 12:33 - Commentaires [0] - Permalien [#]