Canalblog
Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
24 septembre 2008

BO DÍA

Os planetas erguéronse cedeiros para saudalos e desexarlles un bo día.
Publicité
Publicité
23 septembre 2008

A DEPUTACIÓN CORUÑESA SACA UN PREMIO A ESTÉVEZ

A Deputación Provincial da Coruña sacou o Premio González Garces de poesía a Eduardo Estévez e concedeullo ao finalista, Xabier Lama, despois de que este denunciase que o texto de Estévez estaba xa publicado na rede.
23 septembre 2008

IGNACIO VILAR NA COVA DAS VACAS MORTAS

Alén de gozar da sorte que buscou arreo, Ignacio Vilar prepara unha nova longa. Entre os trebellos que manexa para documentarse figura A cova das vacas mortas
22 septembre 2008

AS DISTANCIAS LONGAS

Distanciábase tanto para ironizar que rematou demasiado afastado.
21 septembre 2008

MÚSICA BAIXO A BOTA

Fermín Muguruza e Antón Reixa metéronse nun experimento ben bonita que amosa que, aínda cunha bota sobre a cabeza, as persoas son quen de cantar. Muguruza e Javier Corcuera andan por Palestina gravando un documental sobre música (tradicional, hip hop,...)...
Publicité
Publicité
18 septembre 2008

A FRIALDADE DE MÓNICA ALONSO

Mónica Alonso ten unha capacidade para fisificar as sensacións que me abraia. Primeiro afogou coa calor a Sicilia, agora conxela Compostela.
17 septembre 2008

I WILL MAKE YOU SPIN LIKE A RECORD

Esta noite mirábaos máis ben tristeiros e déuseme por convidalos a bailar. Vivos ou mortos, diríxanse, se fan favor, a esa pista coroada por unha bola de espelliños que xira. Marilyn e Jessica danzan xa nela.
17 septembre 2008

MÉDICO DE FAMILIA

Eugene Smith anda pola Coruña. A non perder Country doctor, a súa reportaxe sobre un médico rural, antecedente das fotoreportaxes.
16 septembre 2008

LES LIVRES BRÛLENT SI BIEN

Aí anda Señor Rivas, nada menos que de finalista entre quince grandes do mundo para o Medicis-Étranger. ¡Buf! E aínda hai 3.400 galegos promovendo para o Nobel un escritor que non dá saído do país. Unidade de proposta arredor de Rivas, por favor.
16 septembre 2008

O GLOBO DE SKP, UN LIBRO ABERTO

Veño de falar co xornalista Daniel Hofkamp e co cámara Carlos coma se fose un libro aberto. Viaxaron ata Lugo para que lle falase do Globo de SKP, que aparecerá a primeiros do mes que vén en Xerais. Eles din que emiten en outubro.
Publicité
Publicité
<< < 1 2 3 4 5 > >>
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 429
Publicité