mercredi 3 septembre 2008

O SOMBREIRO MÁXICO DE RIVAS

Manuel Rivas entra na literatura infantil con Un sombreiro chichiriteiro. O libro fala da amizade entre un neno e un sombreiro co trasfondo do cambio climático. Rivas creou milleiros de contos infantís, mais nunca deu en escribilos porque era os que contaba aos seus fillos entre lusco e fusco. Eu sempre pensei que Rivas podería dar un estupendo escritor para cativos, porque ten a imaxinación e a tenrura precisas, asemade de contar cunha habelencia técnica para o cunto breve que é rara avis. Temo que non se decidira nunca por ese... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 11:12 - Commentaires [0] - Permalien [#]

mardi 2 septembre 2008

QUE LER: O GLOBO DE SKP

Ramón Nicolás tivo a deferencia de dedicar o seu espazo deste mes na revista española Que Leer para entrevistarme a respecto de O globo de Shakespeare. Extracto fragmentos das miñas respostas: [Con esta novela] "pretendía hablar del modo en que el juego del éxito y del fracaso afecta a nuestra relaciones con quienes nos rodean. El espectáculo, en sus diversas formas, es el eje para presentar ese juego". "En Cabaret Voltaire, mi local actual, sigo los principios del dadaísmo opinando con inocencia... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:21 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mardi 2 septembre 2008

O SONS DOS SÉCULOS NA CIDADE DE LUGO

Ouvirmos prepara a publicación do volume dos seus itinerarios histórico-musicais dedicado a Lugo, para outubro. O libro recolle a evolución da música na cidade partindo do tempo romano para chegar ata os de primeiros do século XXI. O volume comeza cun percorrido pola cidade programado por Richard Rivera Armero. A historia musical de Lugo entre o Imperio Romano e o barroco foi preparada por Fernando Reyes Ferrón. Da parte dedicada aos séculos XIX e XX, ocupeime eu. Esta etapa está ocupada en boa proporción pola personalidade e o... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:11 - Commentaires [0] - Permalien [#]