CABARET VOLTAIRE

Contacto 616.14.57.28. jaure@mundo-r.com Escaparate galego: Se hai libro galego, hai cliente galego.

06 octobre 2008

BRINDE POR REI BALLESTEROS

Recibo esta mensaxe e colócoa neste lugar destacado do local. A Rei Ballesteros sempre o lembro polo seu fondo ensaio sobre o concepto do tempo en Shakespeare.

A TODOS OS AMIGOS DE ANXO REY BALLESTEROS

Un grupo de persoas ligadas a "Café Voltaire", tertulia viguesa da que forma parte o noso amigo Anxo Rey Ballesteros, vanse reunir para desexarlle unha pronta recuperación da súa enfermidade. Nese acto, brindarase á súa saude, leranse fragmentos da súa obra e falarase da súa significación na literatura galega recente. Invitamos ao seus amigos de toda Galicia a compartir con nós eses momentos -e, eventualmente, a ler algún texto ou lembrar dalgún modo ao amigo enfermo-, acudindo a Vigo o Venres 17 de Octubro, ás 20´30 no Central Pork, en Via Norte 40 (xunto á estación de ferrocarril). Rogámosvos que fagades extensiva esta convocatoria á xente que vos pareza oportuno.

Posté par Jaureguizar à 23:36 - Commentaires [7] - Rétroliens [0] - Permalien [#]

Commentaires

Eu tamén brindo por Anxo Rei Ballesteros.

Posté par land, 08 octobre 2008 à 21:04

Ben o merece. Alguén ten novidades?

Posté par jaureguizar, 09 octobre 2008 à 01:33

Rei Ballesteros é un dos pioneiros de una literatura galega distinta, en certa maneira, e un outsider, ou como se diga...Botaremos un grolo de alvarinho na distancia , desde Celeiro.

Posté par biscoitofino, 09 octobre 2008 à 10:36

Biscoitiño, unha curiosidade: Celeiro de Viveiro? Celeiro de Mariñaos?

Posté par Jaureguizar, 09 octobre 2008 à 11:41

A maiores das súas achegas como novelista, eu valoro ese cerebro que ten. Escoiteino en conversas improvisadas e fiquei impactado pola súa capacidade para relacionar conceptos.

Posté par Jaureguizar, 09 octobre 2008 à 11:42

Celeiro , de Viveiro, monsieur Voltaire. Mais teño de recoñecer que poucos nomes tan eufónicos na nosa toponimia como Celeiro de Mariñaos

Posté par biscoitofino, 09 octobre 2008 à 13:27

Celeiro é bonito, mais iso de Mariñaos dálle un toque especial.

Posté par Jaureguizar, 09 octobre 2008 à 13:36

Poster un commentaire







Rétroliens

URL pour faire un rétrolien vers ce message :
http://www.canalblog.com/cf/fe/tb/?bid=78314&pid=10854985

Liens vers des weblogs qui référencent ce message :