Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
15 octobre 2008

DEUS É REDONDO

O taxista Sr. Juan (iso pon a súa tarxeta) lévame dende o aeroporto de Ezeiza ata a Bos Aires. falamos sobre urbanismo e arquitectura locais. Elsegura que ten estudos no asunto e se desvía un chisco na ruta para que vexa o Palacio Español, unha arquitectura arabizante que non está mal, pero que fica moi por baixo da calidade xeral que vou mirando na cidade. Interesado pola miña estadía en BA, coméntolle que vou falara de literatura. Entusiasmado, recoméndame un programa noturno de radio no que o presentador le contos.

-¿Sabe por que me gusta tanto ese programa? Porque todos los cuentos que lee están relacionados con el fútbol.

Eu sigo sendo ateo.

Publicité
Publicité
Commentaires
J
Ha, ha. Ollo, o malo é que, se o miramos en serio, resultaría impensable un programa así en Galicia.
Répondre
O
Ben mirado, é unha estupenda iniciativa para que a inxente masa lectora se anime a ver un partido de fútbol.
Répondre
J
Ollo, o programa non é soamente seguido en Arxentina por unha masa de fieis; tamén me falaron del en Montevideo. E disque si, que hai unha chea de relatos sobre fútbol. Terei que ir animándome...
Répondre
O
E hai produción abondo para manter un programa así?
Répondre
C
Xa estás ahí?
Non esquezas o meu encarguiño, pero, sobre todo, disfruta da cidade.
Eu tamén estiven chusmeando polo Palacio Español ;-)
¿Verdade que Ezeiza ten máis que ver con Santiago que con Barajas ?

Apertas con salitre :-)
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité