Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
19 octobre 2008

WONG KAR WAI, ROBBE-GRILLET, BLANCO AMOR

Pretender ser xornalista debe de estar no ámbito onírico en calquera banda do mundo. Na mañá de onte estiven falando para rapaces que queren selo, para o que estudan na Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Bos Aires e transmitíronme o seu balance entre como querían eles que fose a súa profesión e como imaxinaban que ía ser. A sensación era que as súas intuicións eran acertadas.

O interese que hai tanto na Arxentina como en Uruguai pola nosa cultura case que me soborda. A tarde comezou no café Tortoni, obtendo permiso do porteiro para poder entrar por entre a ducia de turistas italianos e brasileiros que agardaba na porta pola súa quenda. A xuntanza con corenta membro do Club de Lectores en Bos Aires resultoume moi divertida porque, a maiores de comentar fonduras sobre unha novela miña, asistín a unha continua reivindicación de calquera elemento galego, por remoto que resulte, por parte dos asistentes. Non deixa de ser paradoxal ter que voar sobre oito mil quilómetros para atopar orgullo de país. Tras o meu show, veu o de Ouriol, cunha impactante Eva Veiga á fronte. Impresionaba ver a súa figura lanzal e vestida en escuro recitando poesía canda a música dos seus compañeiros. Máis logo, veu unha charla sobre as miñas novelas Cabaret Voltaire e Breve crónica universal da clase obreira na Federación de Asociacións Galegas. Un bo lector, Hernán Díaz, foi quen a dirixiu. Demos en falar do círculo que pecha a Manuel Puig, Wong Kar Wai, Robbe-Grillet e Blanco Amor ata que o ceo de Bos Aires empezou a poñer o pixama.

Publicité
Publicité
Commentaires
J
E eu aínda conto con volver...
Répondre
A
"El español que no ha estado en América no sabe qué es España" Federico García Lorca.
Eu engado: o galego que non estivo no Río da Prata non coñece Galicia.

Unha aperta.

Antón.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité