jeudi 23 octobre 2008
O NACIONAL DE LIX GAÑA A FERNÁNDEZ PAZ
O Premio Nacional (español) de LIX vén de ter a honra de que o gañe Agustín Fernández Paz polo seu clásico O único que queda é o amor.
jeudi 23 octobre 2008
MARCADO POLA MORTE
A soedade, a vellez e a desmemoria dánme medo. Meteumo Askildsen, cun libro que merquei por unha recomendación que Cau nos fixo no cabaret unha noite na que estábamos falando sobre o Nobel. Transcribo dúas frases que reflicten o espírito do libro: "Eu tiña unha irmá que cría na vida eterna. Non lle parece o cumio da vaidade?". "Soamente os supersticiosos opinan que a misión dun médico é prolongar o sufrimento de seres marcados pola morte".