Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
27 octobre 2008

BOA ARQUITECTURA FÓRA DO ENTORNO

Correr onda arquitecturas bonitas prodúceme pracer emocional. Esta fin de semana andei en Oviedo, polo que puiden pasar á beira dun Calatrava e dos cubos de vivendas de La Losa. O Palacio de Congresos de Calatrava é sensacional, un U que pecha un curioso abano, contrapondo solemnidade e movimento. Moitos considérano máis enxeñeiro ca arquitecto, pero eu agradézolle ese talento para buscar o ritmo nas grandes estruturas. O negativo é que non se adaptou ao entorno é que o seu edificio é desproporcionado para o espazo no que se atopa; as torres e a igrexiña que se erixiron vinte anos atrás agobian a construción e matan as perspectivas todas. Canto os cubos de La Losa, teñen unha vida e un color de gran viveza, pero tampouco os entendo nesa cidade con vocación señorial mesmo rancia que padece o andacio das esculturas realistas.

Publicité
Publicité
Commentaires
J
Home, claro! Espetáculo por riba de todo!
Répondre
L
¡Pero que non se repita, que dá máis xogo!
Répondre
J
Sempre hai unha vez primeira... ;-)
Répondre
L
Sen que sirva de precedente, completamente de acordo con vostede.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité