Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
30 octobre 2008

AS LECCIÓNS DE REI BALLESTEROS

O ceo está mouro. Chove. Pasou Rei Ballesteros. Aprendeume que a novela feitas por cidadáns deben ser urbás, aprendeume que a novela que reflectir un pensamento moral debe ser coloquial, aprendeume a dignidade, aprendeume que o acto máis solemne pode ser divertido se o protagoniza un iconoclasta, aprendeume que o tempo antes de Shakespeare quizais era mellor porque non enfrontábamos a morte en soidade.

Publicité
Publicité
Commentaires
M
perdón pola gralla. A soberanía expíase.<br /> agora eso non quita que tamén poidamos andar de espións.
Répondre
M
Anxo Ballesteros escribiría novelas de cidadáns, como di o seu amigo Jaureguizar, pero coa nostalxia da comunidade, da orixe. Para Anxo, ben sabedes, o individuo era considerado como unha desgracia. De aí a súa análise do tempo acelerado e criminoso en "Tempo e vinganza".<br /> Admirador e gran lector de Bataille, Anxo era soberano, é como el dicía moitas veces:" A soberanía espíase".<br /> Un saúdo moi agradecido por recordares a Ballesteros.
Répondre
J
Leva razón, Land, pero non confío tanto no tempo coma vostede. Temo Rei Ballesteros logo pasará ao esquecemento.
Répondre
L
Proba de que Anxo Rei Ballesteros era un outsider é que ninguén pon aquí ningún comentario sobre a súa obra ou a súa vida. É lamentable que o seu gran talento fose insuficientemente recoñecido en vida, e moito me temo que tamén na súa morte. Mais o tempo ha colocar a cada quen no seu lugar.
Répondre
J
Un día escoiteino laiarse do escaso éxito comercial da súa obra e, asemade, proclamar a súa fachenda por non ter "posto o cú" coma, consideraba el, fixera algún compañeiro da súa xeración. Anxo era todo un exemplo de firmeza.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité