jeudi 30 octobre 2008
LITERATURA EN INTERNET, LITERATURA EN FENE
A Biblioteca Municipal de Fene acolle mañá ás 19,30 unha charla miña sobre literatura e internet. Antes asistirei, como escoitante e aprendente, ao obradoiro que Eduardo Estévez imparte na Casa de Cultura.
jeudi 30 octobre 2008
OS LINDEIROS DA LIX
Fernández Paz: ''Hai adultos que non lerían 'O neno do pixama a raias' nunha colección de rapaces''
jeudi 30 octobre 2008
AS LECCIÓNS DE REI BALLESTEROS
O ceo está mouro. Chove. Pasou Rei Ballesteros. Aprendeume que a novela feitas por cidadáns deben ser urbás, aprendeume que a novela que reflectir un pensamento moral debe ser coloquial, aprendeume a dignidade, aprendeume que o acto máis solemne pode ser divertido se o protagoniza un iconoclasta, aprendeume que o tempo antes de Shakespeare quizais era mellor porque non enfrontábamos a morte en soidade.
mercredi 29 octobre 2008
DÚAS OBRAS DE STEINER EN GALEGO
Despois de montar a que montou, George Steiner declárase encantado de que dúas obras súas vaian ser traducidas para o galego no 2009. A primeira é xa un clásico e a segunda ten anunciada a saída en inglés para o 23 de decembro. A noticia completa poden lela na exclusiva que publica El Progreso. A iniciativa de Xerais leva os meus aplausos máis ardentes, servirá para coñecelo e para que nos coñeza. Agardo que no país todos miremos dese xeito a proposta, malia o seu esbardalle. A orixe da súa declaración atópoa na súa ignorancia.
mardi 28 octobre 2008
RESIDENTES EN PONTEVEDRA
Os herdeiros máis enxebres do Cabaret Voltaire orixinal van pasar por Pontevedra co seu Bunny Boy Tour. Eu sempre os mirei coma inspiradores dos nosos Residents, mais nunca llelo preguntei aos nacionais.
lundi 27 octobre 2008
FERNÁNDEZ PAZ, A PRÓXIMA VÍTIMA
Gañar un Nacional de LIX serve para gañar soa e respecto?
lundi 27 octobre 2008
BOA ARQUITECTURA FÓRA DO ENTORNO
Correr onda arquitecturas bonitas prodúceme pracer emocional. Esta fin de semana andei en Oviedo, polo que puiden pasar á beira dun Calatrava e dos cubos de vivendas de La Losa. O Palacio de Congresos de Calatrava é sensacional, un U que pecha un curioso abano, contrapondo solemnidade e movimento. Moitos considérano máis enxeñeiro ca arquitecto, pero eu agradézolle ese talento para buscar o ritmo nas grandes estruturas. O negativo é que non se adaptou ao entorno é que o seu edificio é desproporcionado para o espazo no que se atopa; as... [Lire la suite]
samedi 25 octobre 2008
CINEMA FRANÇAIS
O duty free de Carrasco serveume para descubrir un curioso pack chamado Cinema Français, un remexallo con dúas películas de innegable interese: Caché e L'adversaire, e mais un produto para grandes salas e público de baixa intensidade, 36, Quai d'Orfevres. As dúas primeiras teñen bastante en común, tanto polo tema como polo tratamento. A terceiro non pasa de ser unha xeira executada con medios e profesionalidade, pero que non daba moito de si. Tras mirar as tres descubro que Cinema Français non era tal, senón tres cintas con Daniel... [Lire la suite]
samedi 25 octobre 2008
FERNÁNDEZ PAZ REGRESA A LOVECRAFT
Fernández Paz anda escribindo relatos de terror para un próximo libro. Polo de agora, poden lerse hoxe declaracións como '"Os Sopranos' son o Shakespeare do século XXI polo seus impresionantes diálogos".
vendredi 24 octobre 2008
FINOU CONSTANTINO GARCÍA
O fundador do Instituto da Lingua e académico da RAG finou.