Na noite de onte atendín unha recomendación de Bragado e de Fernández Paz que logra interesarme vivamente. Ao tempo, infórmome da enxurrada de títulos sobre o tema que están aparecendo no mercado español: Brancaccio, galardoada co premio ao mellor guión na Comicon de Nápoles, recrea o día a día dun dos barrios máis machucados de Palermo, ese no que a Cosa Nostra é máis forte. Spaguetti Bros. móvese no ámbito dos mafiosos estadounidenses; os irmáns Centobucchi son un gángster, un cura, un policía, unha actriz e unha ama de casa. La Cosa Nostra recrea as biografías de capos clásicos, como Al Capone, Frank Costello ou Lucky Luciano. Algúns deses personaxes aparecen en Camino a la perdición , que moitos clientes coñecerán pola visión que se nos deu nunha película. A maiores, chega en español Una historia violenta, que tamén tivo versión audiovisual e está guiada por unha visión máis humana, cun delincuente teimando en ser un home novo.
Commentaires sur COUSA NOSA
- Manuel Bragado, o líder dos Sopranistas galegos confesa.
http://bretemas.blogspot.com/2008/11/os-soprano.html#comments
Nouveau commentaire
Dos cómics que menciona, fálase ben de Brancaccio, pero ainda non o lin. O Camiño... non me gustou demasiado, nen en BD nen en cinema.