Ben, eu rematei os estudos pero a miña vida laboral só está tanxencialmente venecclada a eles.

Sempre me chamou a atención que nun departamento que dependía de Meilán Gil estivesen Aymerich e Amoedo (non estou seguro, pero penso que Meilán mesmo dirixía a tese de Aymerich). Pero xa sabe o que din dos extremeños.

No tocante á noticia, a min nonme funciona a ligazón...
Ola, Ollo, eu tamén son unha vítima dos estudos de Dereito, pero na USC, e abandoneinos antes de que fose demasiado tarde para eles e para mín. Se colguei a información, é porque me semelleou moi completa e porque responde a moitas preguntas que me andaba eu facendo onte.
Non sabía que Amoedo era o number two de Cultura. El e mais Aymerich eran doutorandos do departamento de Dereito Administrativo da UAC nos meus anos de universtiario e algunha clase recibín deles, máis do segundo.

Non teño moito que comentar, nestes casos cada unhas das partes adoita interpretar os mesmos feitos dende ópticas ben diversas. O despedido destaca as diverxencias e o "despedidor" tenta dar imaxe de normalidade...