mardi 11 novembre 2008

CARLOS REIGOSA GAÑA O PREMIO TORRENTE BALLESTER

Carlos Reigosa levou o Torrente con 'A vida do outro', unha novela na que un xornalista madrileño, fillo de galegos da Pastoriza, revisa os últimos trinta anos da súa vida preguntándose se persoalmente foron tan positivos como colectivamente.
Posté par Jaureguizar à 20:27 - Commentaires [0] - Permalien [#]

mardi 11 novembre 2008

SOMMERSET MAUGHAN E BELLOW NUN TURCO

O que máis me desconcerta é que me conviden a un restaurante de cocina fusión: podes ser unha gloria ou un desastre. A miña muller celebraba que lle pasaran a nova tempada norteamericana da súa serie favorita e convidoume a cear. A cousa logo resultou agradable porque era cernadamente turca: unha ensalada de cus cus un chisco fría de máis, pero saborosa, e un kebap de xato en pan dürum moi respectable. Eu antes contáballe as miñas novelas á miña muller no coche, para que non escapase, pero hai dous anos e medio o falangueiro de Antón... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 14:18 - Commentaires [2] - Permalien [#]