Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
12 novembre 2008

AGORA É ACKROYD QUEN NOS CONTA A SKP

O mes que vén edítase en español unha nova biografía definitiva de Shakespeare. Escribíronse un cento de biografías definitivas do dramaturgo dende que Nicholas Rowe presentou a primeira en 1709. Malia esa obra cedeira, o subxénero biográfico que podemos considerar as biografías de Shakespeare acadou o seu pulo a metade do século XIX e se mantén ata o de agora. Desta volta, vaise poder ler en castelán unha biografía máis ou menos definitiva, porque foi Peter Ackroyd quen realizou a xeira.

(Este fragmento pertence a un artigo publicado en El Progreso que segue en Comentarios)

Publicité
Publicité
Commentaires
J
Tras escribir a biografía da súa cidade, ‘London’, Ackroyd logrou ser un autor de referencia para os críticos e o gran público, e aledar a vida do director bancario no que lle ingresan os frondosos adiantos para que poña a traballar aos seus dous axudantes e se sente a escribir. Disque o seu segredo, a maiores de dedicar unhas doce horas diarias de traballo a remexer no personaxe, está en aplicar técnicas novelísticas aos ensaios. Ackroyd dedicou oitocentas páxinas a detallar «a paisaxe mental do personaxe».
O Shakespeare de Ackroyd é unha volta máis humano: «Doce, cortés, xeneroso, afable e divertido», lembra que o definiron os seus contemporáneos, aínda que el se encarga de poñer o contrapeso descubrindo que «producía moi rápido, a demanda; quería amasar unha fortuna». Logo de conseguilo, «acadou certa sona como prestamista, e especulou con trigo e malta en tempos de carestía».
Ao cabo, regresou á súa vila natal, Stratford Upon Avon, onde adquiriu varias casas. O meu compañeiro, Miguel Olarte, non entende por que hai tanto desacougo por escribir biografías de Shakespeare «cando os expertos nin sequera se poñen de acordo na súa identidade», aludindo á tres teorías que din que Shakespeare era un alcume e á que defende que Shakespeare, en realidade, era Shakespeare.
En relación co teatro sabelino, vén de publicarse tamén en castelán ‘Un home morto en Deptford’, a versión do asasinato do dramaturgo Christopher Marlowe que Anthony Burgess deu en 1993.
Marlowe foi o mestre de Shakespeare; por exemplo, Harold Bloom achega detalles desa influencia no seu ‘Shakespeare. A invención do humano’. que lles hei evitar.
Christopher Marlowe era homosexual, bebedelas, católico e espía; motivos calquera deles abondos como para asasinalo no Londres da súa altura. Acabou por morrer dunha puñalada nunha taberna de Deptford, unha vilela cercana á capital inglesa.
Como non podería faltar unha teoría das que tanto gusta Olarte, hai quen asegura que o asasinato foi un truco para que salvar a vida de Marlowe e agradecerlle o seu traballo de espionaxe para Sabela I. Como adoita facerse, a raíña teríalle argallado unha nova identidade: William Shakespeare.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité