Carlos Reigosa conta nunha entrevista que concedeu a El Progreso que Gabriel García Márquez abandonou unha novela de amor na que andaba escribindo. Conta o da Pastoriza que tiña sesenta folios, que andaba para adiante e para atrás, pero que a capacidade de memoria que lle resta non lle consinte abranguer a trama para poder continuala.