jeudi 27 novembre 2008

O SAL DE ISTANBUL POLA PAZ

Participo nun proxecto esperanzador co conto 'O sal de Istanbul'. Grazas polo convite.
Posté par Jaureguizar à 22:43 - Commentaires [0] - Permalien [#]

jeudi 27 novembre 2008

BÉRTOLO, PREMIO DA SÁNCHEZ RUIPEREZ

Constantino Bértolo gañou o IX Premio Periodístico sobre Lectura convocado pola Fundación Germán Sánchez Ruipérez polo artigo 'Razones para la lectura'. Poucos lectores coma el coñezo.
Posté par Jaureguizar à 17:30 - Commentaires [0] - Permalien [#]
jeudi 27 novembre 2008

'SALITRE', NO IES DE MELIDE

Os rapaces do Ies de Melide falaránme mañá sobre 'Salitre'. Prodúceme unha leve emoción ir descubrindo as visións que os lectores teñen desa novela, sempre me descubren algunha visión afastada da concepción orixinal.
Posté par Jaureguizar à 14:35 - Commentaires [0] - Permalien [#]
jeudi 27 novembre 2008

REDESCUBRIMENTO

"En Galiza tampouco as obras galegas ocupan un lugar destacado nas bibliotecas, e nos medios de comunicación galegos a nosa literatura segue a ser algo exótico. Iso si, ás veces o coñecemento fóra dunha obra permite o seu redescubrimento no interior".
Posté par Jaureguizar à 12:21 - Commentaires [0] - Permalien [#]