30 novembre 2008
UNHA NOVELA CON DÓCE DE SEU
«A primeira novela galega con dóce propio.»
MONICREQUES, LIMÓNS E SOÑOS
"Esta é unha historia de monicreques, limóns e moitos, moitos soños"
27 novembre 2008
O SAL DE ISTANBUL POLA PAZ
Participo nun proxecto esperanzador co conto 'O sal de Istanbul'. Grazas polo convite.
BÉRTOLO, PREMIO DA SÁNCHEZ RUIPEREZ
Constantino Bértolo gañou o IX Premio Periodístico sobre Lectura convocado po
'SALITRE', NO IES DE MELIDE
Os rapaces do Ies de Melide falaránme mañá sobre 'Salitre'. Prodúceme unha leve emoción ir descubrindo as visións que os lectores teñen desa novela, sempre me descubren algunha visión afastada da concepción orixinal.
REDESCUBRIMENTO
26 novembre 2008
HILTRUD (ELENCO DE PERSONAXES DE 'O GLOBO DE SKP' IV)
Hiltrud Lechmann é unha bolseira que a Consellaría de Cultura envía para que ordee e clasifique o arquivo que os Pérez-Barnes teñen no pazo. Será a descubridora do orixinal coa primeira versión do Hamlet, o Ur Hamlet que prende a acción da novela. Malia ser unha cabeza tan ordeada e racional como o traballo que desenvolve, Hiltrud viste de negro e violeta, cunha estética gótica.
25 novembre 2008
OS FRANCESES TAMÉN DESCUBRIRON O MUNDO
Hai ben tempo que Francia deixou de ser o café central das letras internacionais. Agora, os grandes libros escríbense en inglés e véndense na alemana Franfkfurt negociados polo norteamericano Andrew Wylie.
(O resto do artigo, en Galiciae)
24 novembre 2008
'PLASTILINA NOS PULMÓNS', NO DIARIO CULTURAL
O meu libro Plastilina nos pulmóns será o libro de narrativa esta semana no Diario Cultural. Ben honrado que me sinto por esta novela que anda de finalista no Premio Martín Sarmiento.