dimanche 23 novembre 2008

SEÑORA QUICKLY (ELENCO DE PERSONAXES DE 'O GLOBO DE SKP' III)

En realidade, chámase Celia Mandiás e é ama de chaves. Rexe a vida do pazo no que está ambientado 'O globo de Shakespeare'. Entrou na casa sendo unha rapariga e no que leva máis de medio século. A xenerosidade vai canda ela, pero é quen de ser cruel se detecta unha ameaza ao seu poder. O seu carácter é disciplinado, ascético, dominado polo deber e a moral. Fisicamente é enxoita e fibrosa, camiña erguida e ás présas, polo que Ricardo alcumouna Señora Quickly. Sente paixón polos paxaros, ata o punto de que dá as horas con razas deles.... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:30 - Commentaires [1] - Permalien [#]

vendredi 21 novembre 2008

O DERRADEIRO VALS EN SABRA E SHATILA

'This may be the most thought-provoking film I've seen all year,' Xan Brooks says of Ari Folman's inventive animated documentary about the Sabra and Shatila massacre of 1982. As referencias a Apocalyse now son explícitas.
Posté par Jaureguizar à 23:45 - Commentaires [0] - Permalien [#]
vendredi 21 novembre 2008

A VELOZ CADEIRA NEGRA (de SEIS HORAS)

Agarro con máis forza o respaldo da cadeira de rodas negra na que sento para escribir.
Posté par Jaureguizar à 12:11 - Commentaires [0] - Permalien [#]
vendredi 21 novembre 2008

O CABLE UMBILICAL

Sorprendinme na mañanciña de onte facendo algo horrible. Camiñaba coa bata que me abriga o pixama despregada ao vento e desexei un «bo día» aos fillos cun xesto ampuloso e fanfurriñeiro. Logo reparei en que, inconscientemente, imitaba a Tony Soprano. Cando me regalaron o dvd da súa serie, 'Los Soprano', un amigo advertiume de que «engancha». Eu asumíno, pero nunca sospeitei que ía reproducirse en mín a reacción de cando era cativo tras mirar unha película de Bruce Lee: saía do cine dando patadas ao aire, tensando as mans e berrando... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 11:59 - Commentaires [0] - Permalien [#]
jeudi 20 novembre 2008

ROSALÍA (ELENCO DE PERSONAXES DO GLOBO DE SKP II)

Rosalía é un dos secundarios da miña nova novela O Globo de Shakespeare. Estivo casada con Ricardo pero non deu aturado vivir no seu pazo nin a súa familia. Divorciáronse, mais ela segue sendo a Terra sobre a que xira o satélite de Ricardo. De nova, ficara fascinada polo seu talento para o espectáculo; ela, que non deixaba de ver a Lúa coma unha farola auxiliar nas noites. O monifateiro xanta na súa casa todos os días, xunto cos tres fillos que teñen en común. Ela segue aturándoo porque continúa namorada del. Rosalía é repoluda,... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 08:07 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mardi 18 novembre 2008

BARNES CUALIFICA DE MENTIREIROS AOS FUMADORES

Julian Barnes publica un divertido diálogo de sobremesa sobre Obama, os autobuses artellados e o tabaco. Afirma que os fumadores son mentireiros: "Mentes aos pais cando empezas a fumar. Mentes a respecto da cantidade que fumas: ou aumentas ou diminúes a cantidade. Ah! eu fumo catro paquetes ao día, o que equivale a ter unha caralla máis grande, ou, ah!, nós soamente fumamos un de cando en vez, o que quere dicir que tres ao día cando menos. Logo mentes cando intentas deixalo. E mentes ao médico cando contraes un cancro. Ah! Eu... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 16:25 - Commentaires [2] - Permalien [#]

lundi 17 novembre 2008

A AVOA DE GARCÍA MÁRQUEZ ERA CASE QUE GALEGA

e disimulaba moi ben a carencia dese chisco de identidade.
Posté par Jaureguizar à 23:13 - Commentaires [0] - Permalien [#]
lundi 17 novembre 2008

RICARDO (ELENCO DE 'O GLOBO DE SKP' I)

Ricardo é o personaxe central da miña nova novela, O globo de Shakespeare; cando menos iso lle gusta pensar a el. É xiboso, polo que o seu pai decidiu chamalo Ricardo. Ten uns cincuenta anos e vive dende sempre no pazo familiar onde o atende Celia Mandiás, á que el chama Señora Quickly. Devoto de Shakespeare (e tamén de Leandro, o seu pai) sente paixón polo teatro, aínda que careza de talento para crealo. Personifica o fracaso, que lle provoca unha desesperación que el repercute no seu amigo o escritor de éxito Sebe. Está convencido... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:08 - Commentaires [0] - Permalien [#]
jeudi 13 novembre 2008

A NOVELA QUE GARCÍA MÁRQUEZ NUNCA ESCRIBIRÁ

Carlos Reigosa conta nunha entrevista que concedeu a El Progreso que Gabriel García Márquez abandonou unha novela de amor na que andaba escribindo. Conta o da Pastoriza que tiña sesenta folios, que andaba para adiante e para atrás, pero que a capacidade de memoria que lle resta non lle consinte abranguer a trama para poder continuala.
Posté par Jaureguizar à 16:30 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mercredi 12 novembre 2008

AGORA É ACKROYD QUEN NOS CONTA A SKP

O mes que vén edítase en español unha nova biografía definitiva de Shakespeare. Escribíronse un cento de biografías definitivas do dramaturgo dende que Nicholas Rowe presentou a primeira en 1709. Malia esa obra cedeira, o subxénero biográfico que podemos considerar as biografías de Shakespeare acadou o seu pulo a metade do século XIX e se mantén ata o de agora. Desta volta, vaise poder ler en castelán unha biografía máis ou menos definitiva, porque foi Peter Ackroyd quen realizou a xeira. (Este fragmento pertence a un artigo... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:17 - Commentaires [1] - Permalien [#]