Adriana é a muller de Sebe na miña novela 'O Globo de Shakespeare. O seu aspecto, repoludo e feo, compite en desagradable co seu carácter túzaro por ver quen é máis desagradable. Con todo, é unha muller cunha gran fortaleza, que enfrenta continuamente os desastres da vida. Encarada ao éxito do seu home, preferiu ficar na discreción porque todo o seu soño na vida é ser querida por Sebe, de quen envexa o seu físico e o seu don de xentes.