mercredi 3 décembre 2008

AXENTES LITERARIOS NA FEIRA DAS VAIDADES

A edición española de Vanity Fair deu xuntado a Jorge Herralde e a Carmen Balcells. Sorprendeume non atopar un aviso na capa: o editor e a axente literaria máis importantes do sistema literario español reencontrábanse tras anos de enfrontamento. (Este artigo apareceu en El Progreso. O resto segue en Comentarios)
Posté par Jaureguizar à 08:07 - Commentaires [1] - Permalien [#]

mercredi 3 décembre 2008

ADRIANA (ELENCO DE 'O GLOBO DE SKP' VI)

Adriana é a muller de Sebe na miña novela 'O Globo de Shakespeare. O seu aspecto, repoludo e feo, compite en desagradable co seu carácter túzaro por ver quen é máis desagradable. Con todo, é unha muller cunha gran fortaleza, que enfrenta continuamente os desastres da vida. Encarada ao éxito do seu home, preferiu ficar na discreción porque todo o seu soño na vida é ser querida por Sebe, de quen envexa o seu físico e o seu don de xentes.
Posté par Jaureguizar à 07:39 - Commentaires [0] - Permalien [#]