Gonzalo Moure acorda no seu blog da orixe de A porta de Mayo. Daquela el e máis Tina Blanco convidáronme a participar na novela. Eles foron moi xenerosos e eu tiven a sensatez de non participar porque tiña 27 anos e moito que aprender de literatura. Un amigo que me levaba uns vinte anos advertiume cando eu sumaba 18 anos de que "non escribirás unha novela boa ata que teñas corenta anos, a novela require madureza vital". Tiven presente o consello cando Gonzalo e Tina me comentaron a posibilidade de eu achegar un tercio do seu libro. Acabei por meter un conto (Das identidades e das rías) e, unha chea de anos máis tarde, por traducila para o galego. Participación foi abonda, porque esa novela ten unha trascendencia que eu non faría senón demediar.