Non se falaba doutra cousa na feira, que dicía un corresponsal do que aprendín as pillerías. Todos cadran en que a primavera vai traer a mudanza, pero cada feirante dá un nome. Eu pregunto por nomes desta banda do país, á que tan ben lle viña colocar un candidato porque todo semella acontecer ao longo da A9. Dínme que non vai ser Negro nin Novo, pero que podería ser Bravo ou Barák. Neste último caso sería bo manter un rapaz ben competente que anda por aí, por capacidade, coñecemento e dedicación daría un estupendo candidato, pero fáltanlle algúns anos para enfrontar o tabeirón Chaves. Ten outra cousa boa, a súa orixe.