Neste páis a xente escribe para que a queiran, para comunicarse co cosmos, para buscar a verdade interior, para ligar, para salvar unha tribo da Amazonía, para realizarse como persoa, para explicarse o mundo, para liberarse das fantasmas, para cumplir un destino, para aforrar en psiquiatra, para recuperar vellas palabras,... Eu, que carezo dese calado, debo de ser o único que escribe para que lle lean os libros.
Commentaires sur ESCRIBO PARA QUE ME LEAN
- Vaia home, o único, o único...
- Vender, venderHai unha chea de anos Manuel Rivas (cando Rivas era alguén, quero dicir cando era escritor non autor e estaba cheo de frescura)dixo que lle gustaría que os seus libros se venderan xuntos aos tomates dun hipermercado. Ben, os seus libros están xa no Carrefour, non exactamente nesa sección e coa literatura galega con esacasa presenza. Pero tan abundante como os tomates. Escreibe unha columna, dúas, tres e xa ten que vertelas a un libro, unha, dúas reportaxes o mesmo. Un autor vale polo que escribe pero tamén polo que publica. Por favor, o lector paga un prezo, uns cartos abundantes e non,entendo para que lle tomen o pelo. Vale, lemos a Rivas no País galego, os seus desiguais grouchos (quen diría que se ía convertewr nun glosador do poder, ver os calificativos empregados para touri e quin)e ao cabo dun escao tpo xa está nas librarias.
Propoño que se publiquen os seus cadernos escolares. Que non se entere o Bragado! - Ola, Corsario. Si, non lle nego que haxa algún caso, cando fixen esas declaracións era procurando que empecemos a falar de mercado sen poñérmonos roibos. Vostede fai unha visión global de Rivas, pero esquece do papel fundamental de Rivas na creación dun mercado de noso (e noutros ámbitos), cando para el foi (e poida que aínda sexa) máis doado e máis rendible mudar de idioma.
Nouveau commentaire