mercredi 17 décembre 2008

AGORA NON VAI SER

Botei unha tarde para localizar a súa orixe. Sabía que o pai era García e nacera nun lugar de Mondoñedo. A el sorprendeulle cando lle preguntei por A Campá e fíxolle graza. A min páganme por ese tipo de cousas. Cadramos unha chea de veces estivais no bar 'Pascasio' de Foz e non nos coñecemos. Íamos facelo en Alfoz, cando se achegase a caloriña09, agora non vai ser.
Posté par Jaureguizar à 20:20 - Commentaires [2] - Permalien [#]

mercredi 17 décembre 2008

AS CARAS DOS VAMPIROS

O responsable da mostra 'Rostros Brigantium', que está amosando os primeiros coruñeses, observa que os visitantes sorpréndese de que as caras reconstruídas sexan idénticos ás actuais. Logo eses mesmos visitantes van ao cine para mirar a película 'Crepúsculo'. As caras dos vampiros son centenarias, mais non se sorprenden de que sexan actuais.
Posté par Jaureguizar à 07:04 - Commentaires [0] - Permalien [#]