A miña sogra recomendoume En terapia, outro producto HBO. Dous tipos, ás veces tres (un psiquiatra e os seus clientes) reunidos nunha habitación falan durante media hora. O formato, concebido para ser emitido a diario, é suicida, pero, inesperadamente, funciona. O guionista, tamén director, consigue manter o pulo. Alguén diría que o talento de Rodrigo García vén de onde vén, pero o seu pai nunca dará construído nin a cuarta parte dun dos personaxes que escribe o fillo.