Leandro é o personaxe de maior peso en O Globo de Shakespeare sen ser o que máis páxinas ten. É un loitador, que loita por manter un físico atractivo e forte na vellez, loita pola súa convición artística (é un pintor que introduciu o expresionismo abstracto en Galicia, pero non soubo evoluír) e loita por dirixir as vidas dos seus. O seu carácter sitúase entre a vaidade e a xenerosidade, aínda que sempre acabe por impoñerse o egoísmo. Non atura a mitomanía que ten Ricardo, o seu fillo (mesmo a que ten cara el).