Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
22 décembre 2008

AS PAIXÓNS CRUZADAS DE RICARDO E SEBE

Corsario está facendo uns comentarios moi interesantes sobre O Globo de Shakespeare. Como ían perderse por aí abaixo, reproduzo uns extractos: "Ricardo é un soñador, alguén que constrúe unha vida paralela porque é moito máis interesante ca real, pero a medida que a novela avanza vainos sorprendendo, ver que é capaz de perseguir os soños (...). Non sabemos o que é capaz de facer. De Sebe gustame que converte a súa novela en actual, propia dos nosos días sen caer no costumismo, imos dese mundo ergueito por Ricardo (...) a un urbanita como o escritor, un triunfador ao que vostede desenmarasca".

Voulle contestar aquí, Corsario: Ricardo vive nun mundo paralelo vive en Shakespeare, pero chega un momento en que se ve abalado por descubrir algo do seu que el non agardaba e, ao primeiro fica desconcertado e logo reacciona dun xeito moi violento, arroutado. Renuncia de vez ao seu mundo de ficción, pero faino inconscentemente. Sebe é un neno bonito que se atopa na obriga de dar un xiro a súa vida porque os soños achéganlle unha paixón que lle fai perder o control. Levaba moito tempo atrapado nunha vida falsa e, en canto un soño lle pon o amor verdadeiro diante, corre tras del. Ao realizar ese amor, non soamente amarga a Luísa, tamén se presta ao xogo manipulador de Leandro e acaba, involuntariamente, por provocar que Ricardo se senta traizoado polo seu pai.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 430
Publicité