lundi 22 décembre 2008

BOLLERÍA FINA PROUSTIANA

Folerpa concedeume a honra de cerderme unha tesoiras de ouro para cortar a cinta coa bandeira galega do Proxecto Escritorio. O escritorio que aparece na foto é o que uso no xornal. Ao contrario que algún escritor nacido en Galicia, non escribo ficción no meu posto de traballo, pero a foto divírteme. Agasalláranme cunhas madanelas e tive a ocorrrencia de merendar con eso denominan ironicamente café de máquina. Un fotógrafo descubriume e empezou a disparar.
Posté par Jaureguizar à 23:09 - Commentaires [0] - Permalien [#]

lundi 22 décembre 2008

AS PAIXÓNS CRUZADAS DE RICARDO E SEBE

Corsario está facendo uns comentarios moi interesantes sobre O Globo de Shakespeare. Como ían perderse por aí abaixo, reproduzo uns extractos: "Ricardo é un soñador, alguén que constrúe unha vida paralela porque é moito máis interesante ca real, pero a medida que a novela avanza vainos sorprendendo, ver que é capaz de perseguir os soños (...). Non sabemos o que é capaz de facer. De Sebe gustame que converte a súa novela en actual, propia dos nosos días sen caer no costumismo, imos dese mundo ergueito por Ricardo (...) a un... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:01 - Commentaires [0] - Permalien [#]
lundi 22 décembre 2008

OS ACTORES DAS NOVELAS SON MÁIS GUAPOS

"A universidade escocesa de Heriot-Watt vén de confirmar a tese doutoral de Cervantes: un estudo asegura que «as comedias románticas xeneran falsas expectativas". A conclusión parte da análise de corenta películas moi vistas en todo o mundo e de confrontar as ideas sobre o amor que xeneran nos espectadores e as súas relacións reais. (Artigo en Galiciae )
Posté par Jaureguizar à 18:37 - Commentaires [1] - Permalien [#]