mardi 23 décembre 2008

ESCAPARATE GALEGO 19

Queremos sitio no escaparate. Se as librarías galegas facturan un 19% co libro galego, deberían dedicarlle o 19% do escaparate para termos como compradores. Se hai o libro galego, hai cliente galego.

Posté par Jaureguizar à 06:34 - Commentaires [5] - Rétroliens [0] - Permalien [#]


Commentaires sur ESCAPARATE GALEGO 19

Se é así, por que cre vostede que os libreiros, que coñecen ese porcentaxe (coido que no 19% entran tamén os libros de texto, pero non estou seguro), non fan o que vostede solicita? Parece raro, non? Porque están para gañar cartos. DIgo eu.

Posté par arume dos piñeir, mardi 23 décembre 2008 à 16:45

Hai moitos libreiros que poñen libro galego no escaparate. Seino porque é o meu criterio para mercar ou non nunha libraría e reparo moito niso. O resto, pois porque deben de ter a certidume de que o comprador de libro galego sabe que o vai atopar na reserva india onde teñen lindado, polo que excusan de animalo a mercar no escaparate. Supoño que porque a literatura inglesa, sexa Follet ou os vampiros da Meyer, élles máis rendible, e non queren que ese público se lles despiste.

Posté par Jaureguizar, mardi 23 décembre 2008 à 16:54

O recuncho onde se pode atopar o libro galego, no común dos casos, é o máis recuado da libraría, e mesmo o mais inaccesível. E non é unha nen duas,é o habitual. As veces , mesmo parece un castigo ao libro escrito en galego. As mais, un desprecio. Falo das librarias ditas "generalistas", as de escaparate con catedrais do mar, ruiz zafones ou os nadales de Millás e Boris Gadunov...., non das escasas especializadas no libro galego e/ou português.Monsieur de Voltaire, nunca mellor dito o de reserva india, se ben poidera ter dito tamén si "mohicana"

Posté par biscoitofino, mardi 23 décembre 2008 à 20:12

Disimule o Monsieur de Voltaire: quixen decir os plantetas, non os nadales.

Posté par biscoitofino, mardi 23 décembre 2008 à 20:14

Si, disque a nosa literatura é un estraño código para algúns

Posté par jaureguizar, mercredi 24 décembre 2008 à 07:39
Poster un commentaire







Rétroliens

URL pour faire un rétrolien vers ce message :
http://www.canalblog.com/cf/fe/tb/?bid=78314&pid=11841859

Liens vers des weblogs qui référencent ce message :