Rodrigo sempre soubo que nunca escribiría literatura. Por iso se apelidou García e non García-Márquez. Rodrigo García escribe e dirixe a serie televisiva 'En terapia', que andan botando na Fox traducida para o español. Se algo lle sobran ao director son tres cousas: talento, valentía e o apelido de papá.