lundi 29 décembre 2008

OS DEDOS DE MANUEL BRAGADO

Iago Martínez e mais eu falámonos hoxe para Xornal de Galicia a respecto da miña novela máis almodovariana, que incidiría Pawley. Sempre que remato unha entrevista, cando colgo e teléfono e trato de lembrar o que argumentei, acordo do meu editor. Imaxínoo ao día seguinte, co xornal sobre a ampla mesa marrón do seu despacho, aberto pola páxina cun grande titular e a miña fotografía. Sempre se me presenta tapando os ollos coa man dereita e calculando ata onde fun quen de chegar. O trailer segue con Manuel Bragado erguendo o dedo... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:50 - Commentaires [0] - Permalien [#]

lundi 29 décembre 2008

FILMAR NOVELAS

Corsario comentaba o outro día nunha tertulia que se formou no curruncho do Cabaret Voltaire que fica ao pé do escenario (andaba alí o xeneroso de Ramón Nicolás) que "ten a súa novela compoñentes do tan traído monólogo interior (unha definición válida, ese costume por poñerlle nome ás cousas), de diálogo múltiple, de travelling cinematográfico e mesmo algúns compoñentes televisivos, quizais a fragmentación..." Daquela calei, pero pensaba arestora que Corsario (el saberá o seu nome real, no Cabaret non somos entremetidos)... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:34 - Commentaires [3] - Permalien [#]
lundi 29 décembre 2008

DE POR QUE RODRIGO NON SE APELIDA GARCÍA MÁRQUEZ

Rodrigo sempre soubo que nunca escribiría literatura. Por iso se apelidou García e non García-Márquez. Rodrigo García escribe e dirixe a serie televisiva 'En terapia', que andan botando na Fox traducida para o español. Se algo lle sobran ao director son tres cousas: talento, valentía e o apelido de papá.
Posté par Jaureguizar à 13:16 - Commentaires [5] - Permalien [#]