30 décembre 2008
"HAI XENTE ABONDA NA COLA DO CANON"
"A min o que me importa é que se vendan os libros que publico e que se sigan publicando os que escribo. Xa hai moita xente na cola do canon. Eu non". (Entrevista no Xornal de Galicia)
29 décembre 2008
OS DEDOS DE MANUEL BRAGADO
Iago Martínez e mais eu falámonos hoxe para Xornal de Galicia a respecto da miña novela máis almodovariana, que incidiría Pawley. Sempre que remato unha entrevista, cando colgo e teléfono e trato de lembrar o que argumentei, acordo do meu editor. Imaxínoo ao día seguinte, co xornal sobre a ampla mesa marrón do seu despacho, aberto pola páxina cun grande titular e a miña fotografía. Sempre se me presenta tapando os ollos coa man dereita e calculando ata onde fun quen de chegar. O trailer segue con Manuel Bragado erguendo o dedo furabolos e collendo aire ata pousalo no diafragma. Logo afasta o pai de todos e empeza a soltar aire vagariño. Despois separa o anular e, axiña, o meiniño entregado xa a unha lectura que irrefreablemente o empuxa a coller un cigarro e acendelo. O curioso é que, ten un corazón tan ancho, que lle cabe todo e nunca reñe as miñas trasnadas.
FILMAR NOVELAS
Corsario comentaba o outro día nunha tertulia que se formou no curruncho do Cabaret Voltaire que fica ao pé do escenario (andaba alí o xeneroso de Ramón Nicolás) que "ten a súa novela compoñentes do tan traído monólogo interior (unha definición válida, ese costume por poñerlle nome ás cousas), de diálogo múltiple, de travelling cinematográfico e mesmo algúns compoñentes televisivos, quizais a fragmentación..." Daquela calei, pero pensaba arestora que Corsario (el saberá o seu nome real, no Cabaret non somos entremetidos) acertou co meu xeito de narrar, inevitablemente e felizmente determinado polo cine e o tebeo: miro unha escea na miña imaxinación e vou describíndoa para narrala; unha vez vou avanzando nos borradores, trato de visualizala coma unha película e facer labor de montaxe, curtando todo o que lle resta ritmo á filmación ou todo aquilo que é innecesario para comprender a historia ou imaxinala por parte do lector.
DE POR QUE RODRIGO NON SE APELIDA GARCÍA MÁRQUEZ
28 décembre 2008
FOMENTO DA LECTURA
O DENTISTA CONVÍDAME A MASTIGAR CARNE
Como todo bocapodre que se precie, teño un dentista arxentino. A noite pasada, en soños, convidoume a churrasco.
26 décembre 2008
UN RIDÍCULO HISTÓRICO A PROL DA IRMANDIÑA
25 décembre 2008
HAROLD PINTER APAGOU OS FACHOS PARA MARCHAR
O máis importante dramaturgo británico da segunda metade do século XX finou. Con el, pérdese moita implicación política na escea.
23 décembre 2008
LUÍS VALLE, PREMIO CAIXANOVA
O lucense Luís Valle gañou o Caixanova de Poesía con 'A Caída'
ESCAPARATE GALEGO 19
Queremos sitio no escaparate. Se as librarías galegas facturan un 19% co libro galego, deberían dedicarlle o 19% do escaparate para termos como compradores. Se hai o libro galego, hai cliente galego.