lundi 22 décembre 2008

BOLLERÍA FINA PROUSTIANA

Folerpa concedeume a honra de cerderme unha tesoiras de ouro para cortar a cinta coa bandeira galega do Proxecto Escritorio. O escritorio que aparece na foto é o que uso no xornal. Ao contrario que algún escritor nacido en Galicia, non escribo ficción no meu posto de traballo, pero a foto divírteme. Agasalláranme cunhas madanelas e tive a ocorrrencia de merendar con eso denominan ironicamente café de máquina. Un fotógrafo descubriume e empezou a disparar.
Posté par Jaureguizar à 23:09 - Commentaires [0] - Permalien [#]

lundi 22 décembre 2008

AS PAIXÓNS CRUZADAS DE RICARDO E SEBE

Corsario está facendo uns comentarios moi interesantes sobre O Globo de Shakespeare. Como ían perderse por aí abaixo, reproduzo uns extractos: "Ricardo é un soñador, alguén que constrúe unha vida paralela porque é moito máis interesante ca real, pero a medida que a novela avanza vainos sorprendendo, ver que é capaz de perseguir os soños (...). Non sabemos o que é capaz de facer. De Sebe gustame que converte a súa novela en actual, propia dos nosos días sen caer no costumismo, imos dese mundo ergueito por Ricardo (...) a un... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:01 - Commentaires [0] - Permalien [#]
lundi 22 décembre 2008

OS ACTORES DAS NOVELAS SON MÁIS GUAPOS

"A universidade escocesa de Heriot-Watt vén de confirmar a tese doutoral de Cervantes: un estudo asegura que «as comedias románticas xeneran falsas expectativas". A conclusión parte da análise de corenta películas moi vistas en todo o mundo e de confrontar as ideas sobre o amor que xeneran nos espectadores e as súas relacións reais. (Artigo en Galiciae )
Posté par Jaureguizar à 18:37 - Commentaires [1] - Permalien [#]
dimanche 21 décembre 2008

OS LIBROS GALEGOS NON SON GALEGOS?

As entidades financieiras galegas nos piden os nosos aforros porque son galegas, os medios de comunicación galegos nos piden que lles servamos de audiencia porque son galegos, as librarías do país nos piden que merquemos nelas porque son galegas. Eu teño os meus cartos entidades financeiras galegas, eu consumo información de medios galegos, eu merco nas librarías galegas e non por internet como podería. Logo miro que as entidades financieiras e algúns medios de comunicación convidan (e pagan) para dar conferencias a escritores... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 21:51 - Commentaires [22] - Permalien [#]
dimanche 21 décembre 2008

UN INTELECTUAL EN ALBORNOZ

"Divertido, presumido, agudo, sarcástico, contradictorio, provocador, ameno, cotilla,... camino de entrañable. Jaureguizar es imprescindible. Y, por favor, acuérdense de comprar el libro, que a eso hemos venido", escribe Miguel Olarte no perfil que me fai na súa sección Barra Libre de hoxe. Evidentemente é amigo meu.
Posté par Jaureguizar à 19:40 - Commentaires [4] - Permalien [#]
samedi 20 décembre 2008

NADAL, GALEGO, VERDE

Anxos Sumai, Francisco Castro, Tamara Canosa, Victoria Rozados e máis eu asinamos relatos na proposta nadaleña do Consello da Xuventude.
Posté par Jaureguizar à 19:14 - Commentaires [0] - Permalien [#]

samedi 20 décembre 2008

O GLOBO DE SKP: "EXPÓN OS GRANDES PROBLEMAS DA HUMANIDADE"

Ramón Nicolás escribe no suplemento Culturas de La Voz de Galicia sobre O Globo de Shakespeare que é "unha novela sólida e efectiva, dosificada con acerto e gobernada, por un lado, a través da presenza do universo literario, mais tamén persoal, de William Shakespeare, e, por outro, sometida a realidade reflectida a unha vontade transgresora, pero que expón con ironía, por veces con abraiante e cru realismo, os grandes problemas da humamidade".
Posté par Jaureguizar à 08:01 - Commentaires [0] - Permalien [#]
vendredi 19 décembre 2008

PREMIOS DOS EDITORES: AGUUUUSSSTIIIIIIN!!!!

PREMIO XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ AO AUTOR OU AUTORA DO 2008 Agustín Fernández Paz. PREMIO XOSÉ NEIRA VILAS AO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DO 2008. EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA por Palabras Brancas, de Elvira Riveiro Tobío. PREMIO ISAAC DÍAZ PARDO AO LIBRO ILUSTRADO DO 2008. EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA por O libro das viaxes imaxinarias, ilustrado por Xosé Cobas PREMIO LOIS TOBÍO AO LIBRO TRADUCIDO DO 2008. EDITORIAL FAKTORÍA K DE LIBROS por Lolita, traducido por Xesús Fraga. Premio Ánxel Casal: EDITORIAL GALAXIA por Fin de... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 20:06 - Commentaires [0] - Permalien [#]
vendredi 19 décembre 2008

QUÈ DIVERTIT LO QUE ESCRIC

Jo cant sa lluna i s'estrella,sa jungla i es bosc animat,es tren, es vaixell, s'avionetai es teu submarí aquí aparcat. wah yeah!
Posté par Jaureguizar à 19:46 - Commentaires [0] - Permalien [#]
vendredi 19 décembre 2008

O GLOBO DE SKP: "UN ESPECTÁCULO DE PAPEL"

Pedro Rielo escribe sobre a miña novela O Globo de Shakespeare en Galicia Hoxe: "Promete espectáculo nas primeiras páxinas, tirando dunha cita do Tito Andrónico e coa vertixe dun Tarantino das letras non deixa de subir a pulsión, un in crescendo que non concede un retallo de tregua (...) Ás veces parece excesiva, pero en todo caso é unha proposta atrevida, ben escrita, para todos os públicos e non alambicada. O escritor é un director de orquestra ou un meigo que vai sacando da chisteira coellos, cartas sorpresa a través de... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:46 - Commentaires [0] - Permalien [#]