vendredi 19 décembre 2008

O CALVO STRIKES AGAIN!!!!!

Oe, oe, oe, oe! Oe, Oe! Oe, oe, oe, oe! Oe, Oe!
Posté par Jaureguizar à 08:03 - Commentaires [3] - Permalien [#]

jeudi 18 décembre 2008

LEANDRO (ELENCO DE PERSONAXES D' O GLOBO DE SKP. E VIII))

Leandro é o personaxe de maior peso en O Globo de Shakespeare sen ser o que máis páxinas ten. É un loitador, que loita por manter un físico atractivo e forte na vellez, loita pola súa convición artística (é un pintor que introduciu o expresionismo abstracto en Galicia, pero non soubo evoluír) e loita por dirixir as vidas dos seus. O seu carácter sitúase entre a vaidade e a xenerosidade, aínda que sempre acabe por impoñerse o egoísmo. Non atura a mitomanía que ten Ricardo, o seu fillo (mesmo a que ten cara el).
Posté par Jaureguizar à 07:11 - Commentaires [5] - Permalien [#]
jeudi 18 décembre 2008

ESTOU EN TERAPIA

A miña sogra recomendoume En terapia, outro producto HBO. Dous tipos, ás veces tres (un psiquiatra e os seus clientes) reunidos nunha habitación falan durante media hora. O formato, concebido para ser emitido a diario, é suicida, pero, inesperadamente, funciona. O guionista, tamén director, consigue manter o pulo. Alguén diría que o talento de Rodrigo García vén de onde vén, pero o seu pai nunca dará construído nin a cuarta parte dun dos personaxes que escribe o fillo.
Posté par Jaureguizar à 06:38 - Commentaires [2] - Permalien [#]
mercredi 17 décembre 2008

AGORA NON VAI SER

Botei unha tarde para localizar a súa orixe. Sabía que o pai era García e nacera nun lugar de Mondoñedo. A el sorprendeulle cando lle preguntei por A Campá e fíxolle graza. A min páganme por ese tipo de cousas. Cadramos unha chea de veces estivais no bar 'Pascasio' de Foz e non nos coñecemos. Íamos facelo en Alfoz, cando se achegase a caloriña09, agora non vai ser.
Posté par Jaureguizar à 20:20 - Commentaires [2] - Permalien [#]
mercredi 17 décembre 2008

AS CARAS DOS VAMPIROS

O responsable da mostra 'Rostros Brigantium', que está amosando os primeiros coruñeses, observa que os visitantes sorpréndese de que as caras reconstruídas sexan idénticos ás actuais. Logo eses mesmos visitantes van ao cine para mirar a película 'Crepúsculo'. As caras dos vampiros son centenarias, mais non se sorprenden de que sexan actuais.
Posté par Jaureguizar à 07:04 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mardi 16 décembre 2008

BLOGALAXIA

Galaxia abriu o seu cabaret.
Posté par Jaureguizar à 18:20 - Commentaires [2] - Permalien [#]

mardi 16 décembre 2008

FRANK RINLO (ELENCO DE PERSONAXES D'O GLOBO DE SKP)

Frank Rinlo é un dos secundarios d'O Globo de Shakespeare, aínda que está cheo de ser un secundario. Ex especialista de dobraxe, chega a Ribadeo doente de cancro de gorxa, cunha voz metálica, para matar ao ex presidente do goberno, a quen culpa de rematar co espaguete wnestern coa lei do cinema que promoveu. Frank tamén regresa a Ribadeo para se reencontrar coa rapaza da súa mocidade, Celia, que perdeu a vida agardando por el. Esa pretensión de recuperar un amor que abandonou medio século atrás dá idea do seu carácter optimista,... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 14:10 - Commentaires [5] - Permalien [#]
mercredi 10 décembre 2008

"EU FAGO LITERATURA POPULAR, NON INTELECTUAL"

"Eu fago literatura popular, non literatura intelectual. Entón si, sempre intento que a novela teña ritmo, paréceme unha cuestión fundamental, de feito é moi habitual que unha vez feitas as recorte moito para que non perdan ritmo, e logo hai un elemento segundo que son as intrigas, porque as intrigas sempre tiran dos lectores, e sempre meto algo que haxa que descubrir". "Hai demasiado escritor de tese, facendo unha gran teoría na súa novela, cunha linguaxe moi profunda, moi barroca por outra parte, e todo isto... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 07:47 - Commentaires [10] - Permalien [#]
mercredi 10 décembre 2008

SHOWCASE DE 'O GLOBO DE SKP'

"Neste libro falo de dominación, sometemento,... dese xeito que temos de amoldarnos os uns aos outros".
Posté par Jaureguizar à 07:42 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mercredi 10 décembre 2008

PERSONAXES REAIS, PERSONAXES ARQUETÍPICOS

(Grazas, Tati, polo teu interese. Grazas, Manolo, por situar a novela. Grazas, Martin, por improvisar esa entrevista tan amena e fonda)
Posté par Jaureguizar à 07:38 - Commentaires [0] - Permalien [#]