mardi 9 décembre 2008

ESCRIBO PARA QUE ME LEAN

Neste páis a xente escribe para que a queiran, para comunicarse co cosmos, para buscar a verdade interior, para ligar, para salvar unha tribo da Amazonía, para realizarse como persoa, para explicarse o mundo, para liberarse das fantasmas, para cumplir un destino, para aforrar en psiquiatra, para recuperar vellas palabras,... Eu, que carezo dese calado, debo de ser o único que escribe para que lle lean os libros.
Posté par Jaureguizar à 06:05 - Commentaires [6] - Permalien [#]

mardi 9 décembre 2008

COMO SEMELLAR CULTO SEN MOLESTARSE EN SELO

A veces desexo que a cultura sexa unha teletenda. A xente asevera, poñendo cara de convencida, que a cultura resulta cara, que carece de tempo para dedicarlle e que os programas televisivos sobre a materia se botan de madrugada.
Posté par Jaureguizar à 05:55 - Commentaires [0] - Permalien [#]
lundi 8 décembre 2008

UN SLOGAN PARA O 'GLOBO DE SKP'

Permítanme convidalos, nunca ben prezados clientes, a que escollan o slogan para O Globo de Shakespeare: 1. O Globo de SKP, a primeira novela galega con galleta de seu. 2. O Globo de SKP, a novela máis almodovariana de Jaureguizar 3. O Globo de SKP, a novela que Caneiro negará que gozou
Posté par Jaureguizar à 16:18 - Commentaires [4] - Permalien [#]
lundi 8 décembre 2008

ESE FINAL TAN DESMESURADO

“Cando Shakespeare escribe as súas obras sabe que vai ter que competir con espectáculos de loitas de osos e cans, con prostitutas, con xogos de dados, coas tabernas daquela... Está competindo cunha serie de cousas que atraen ao público. Como sabe que ten que competir con iso, fai unhas obras con moita forza visual e dramática, por iso neste libro fago ese final tan comentado xa, moi desmesurado, moi desmedido. Entón ten moito que ver por iso e polos personaxes".
Posté par Jaureguizar à 16:11 - Commentaires [0] - Permalien [#]
lundi 8 décembre 2008

O MEU COCHE NON VALE 8.000 EUROS

(En Seis Horas, o meu blog dos soños)
Posté par Jaureguizar à 16:03 - Commentaires [0] - Permalien [#]
lundi 8 décembre 2008

BARáK, MÁIS NIN NEGRO NIN NOVO

Non se falaba doutra cousa na feira, que dicía un corresponsal do que aprendín as pillerías. Todos cadran en que a primavera vai traer a mudanza, pero cada feirante dá un nome. Eu pregunto por nomes desta banda do país, á que tan ben lle viña colocar un candidato porque todo semella acontecer ao longo da A9. Dínme que non vai ser Negro nin Novo, pero que podería ser Bravo ou Barák. Neste último caso sería bo manter un rapaz ben competente que anda por aí, por capacidade, coñecemento e dedicación daría un estupendo candidato, pero... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 10:18 - Commentaires [0] - Permalien [#]

lundi 8 décembre 2008

CULTURGAL, NA CORUÑA!!!

Comparándoo co do ano pasado, que me perdoen no sur Cultugal, na Coruña for ever and never e nestas datas. A organización foi impecable, a distribución ben axeitada, houbo actos decontino e pouco tempo para se aburrir, o Xabashow foi espectacular, o café estaba rico, puiden falar co mítico Doutor House en persoa,.... botei en falta galerías de arte (sei que non quixeron) e un acceso máis axeitado, que non fose cruzando a rampa dun aparcadoiro, e un paso cuberto a Puerto Ocio, que, de seguro, traería aínda máis xente, pero, xa digo,... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 10:10 - Commentaires [0] - Permalien [#]
lundi 8 décembre 2008

MUDANZAS

Un escritor emigrado estivo nun tris de cambiar de casa, recapacitou e fica na de sempre. O promotor inmobilario que fixera a oferta anda rondando a outro e el xa foi ver o piso. Seica non lle desgustou.
Posté par Jaureguizar à 10:01 - Commentaires [0] - Permalien [#]
vendredi 5 décembre 2008

AS BOLACHAS D'O GLOBO DE SKP', MAÑÁ NO CULTUR.GAL

A serie especial de bolachas decoradas que a miña muller deseñou para acompañar as presentacións d'O Globo de Shakespeare acadaron máis sona ca novela. Mañá, ás 12.30 falarei delas en Palexco da Coruña dentro do Cultur.gal, aos que agradezo o convite. Tamén haberá referencias ao meu libro na compañía, sempre agradable, dos meus amigos Manuel Bragado e Óscar Sánchez. Vinde comidos da casa, que non sei se hei ter bolachas para tantos cantos mas pediron.
Posté par Jaureguizar à 08:25 - Commentaires [0] - Permalien [#]
jeudi 4 décembre 2008

AS NOVELAS, OS CORENTA

Gonzalo Moure acorda no seu blog da orixe de A porta de Mayo. Daquela el e máis Tina Blanco convidáronme a participar na novela. Eles foron moi xenerosos e eu tiven a sensatez de non participar porque tiña 27 anos e moito que aprender de literatura. Un amigo que me levaba uns vinte anos advertiume cando eu sumaba 18 anos de que "non escribirás unha novela boa ata que teñas corenta anos, a novela require madureza vital". Tiven presente o consello cando Gonzalo e Tina me comentaron a posibilidade de eu achegar un tercio do seu... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 15:52 - Commentaires [0] - Permalien [#]