mercredi 3 décembre 2008
AXENTES LITERARIOS NA FEIRA DAS VAIDADES
A edición española de Vanity Fair deu xuntado a Jorge Herralde e a Carmen Balcells. Sorprendeume non atopar un aviso na capa: o editor e a axente literaria máis importantes do sistema literario español reencontrábanse tras anos de enfrontamento.
(Este artigo apareceu en El Progreso. O resto segue en Comentarios)
mercredi 3 décembre 2008
ADRIANA (ELENCO DE 'O GLOBO DE SKP' VI)
Adriana é a muller de Sebe na miña novela 'O Globo de Shakespeare. O seu aspecto, repoludo e feo, compite en desagradable co seu carácter túzaro por ver quen é máis desagradable. Con todo, é unha muller cunha gran fortaleza, que enfrenta continuamente os desastres da vida. Encarada ao éxito do seu home, preferiu ficar na discreción porque todo o seu soño na vida é ser querida por Sebe, de quen envexa o seu físico e o seu don de xentes.
mardi 2 décembre 2008
SEBE, UN HOME ENCANTADOR (ELENCO DE 'O GLOBO DE SKP' V)
Sebe (Eusebio Pontella) é un dos personaxes privilexiados d'O Globo de Shakespeare. O debuxo que lle fixen foi arquetípico, índa que eses trazos unidireccionais teñen unha razón de ser. Sebe é un home encantador, guapo, elegante, sociable, amable, simpático e disciplinado na promoción desas novelas que tanto éxito teñen. Está casado con Adriana, unha muller á que avantaxa fisica e socialmente. A súa vida cambia cando empeza a soñar con limóns, que empezan sendo verdes e rematan sendo maduros. Os limóns tiran por el cara unha paixón... [Lire la suite]
lundi 1 décembre 2008
VENTURA DEIXA DE DIRIXIR ANAYA LIX
Despois de case que oito anos, Antonio Ventura deixa a dirección de Anaya LIX. Os editores con criterio nunca son abondos.
lundi 1 décembre 2008
IMITADOR DE CAMILO FRANCO
Nunha conferencia, houben de suplantar a Camilo Franco; aínda que soamente foi nun soño, polo de agora.