Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
6 janvier 2009

A FRIVOLIDADE DE MARÍA REIMÓNDEZ

O último que agardaba dunha feminista coma María Reimóndez era superficialidade. Por iso, sorprendeume despachando unha frivolidade cun fondo acusatorio de extrema gravidade que me atinxe no seu artigo 'Secundarias', no último número d'A Nosa Terra. Refírese a Adriana, unha personaxe de 'O globo de Shakespeare', como "parva e inferior ao personaxe masculino", o que me leva a deducir que a señora non leu a miña novela. Acontece que esa personaxe acaba revelándose como forte e triunfante e o seu home como miserable e feble. Iso acontece cunha muller, pero podería acontecer cun home; o xénero non ten a máis minima relevancia nese caso. María Reimóndez debería tomarse máis en serio as obras dos demáis, por moito que non compartamos a súa visión redentora da literatura, antes de mesturalos con tristes barbaridades machistas.

Publicité
Publicité
Commentaires
L
O artigo da Reimóndez é, en efecto, frívolo e malintencionado. Por unha simple, brevísima anotación sobre un personaxe, non se poden tirar conclusións tan precipitadas e maliciosas, aludindo implicitamente ao autor e acusándoo dos males do mundo.

En todo caso, o autor está no seu pleno dereito a poñer mulleres estúpidas ou homes estúpidos segundo o reclame a trama da novela, que é a que manda.

Desde este punto de vista, vou facer eu unha novela na que un dos seus personaxes é unha muller feminista, sectaria e frívola, que ademais é escritora. Tamén apareceran outras feministas con criterio e concienzudas. E homes impresentables e homes decentes.
Répondre
J
Está claro que non me xuzga como escritor, eu entendo que me acusa de contribuír á violencia machista baseándose en dúas frases miñas sobre unha personaxe que ela non se molestou en coñecer. En todo caso, insisto, non creo que Adriana sexa a única muller que este entregadamente namorada dun home que non o merece. Reimóndez cometeu unha frivolidade grave.
Répondre
O
En calquera caso, penso que o texto de Reimóndez non contén un xuízo de Jaureguízar coma escritor, senón unha velada (por non mencionalo abertamente) acusación de sexismo, cousa ben distinta.
Répondre
J
Ten vostede unha capacidade para esbardallar que me fascina: o falar non ten cancelas.
Répondre
O
Estou seguro que a personaxe é, pola contra, unha muller ben intelixente, lúcida, con pensamento propio.
E logo ninguén se deu conta de que todas as personaxes deste home son unha puriña merda?
As personaxes e as tramas, claro.
Pero unha cacho merda...
O problema de literatura galega é xente coma min, que critica sen facer nada para mellorala.
Hai unha frase moi boa que me aplico: "falo dende a autoridade que dá o fracaso". O home este da taberna fala dende a autoridade que dá o ego elevado (ai, que aburrimento, outra vez a voltas co ego!) e pouca madeira. Publicar libros non é ser escritor. É ser publicador de libros, que aquí todo dios se sobe ao carro da escrita.
Leu no seu xornal o outro día do novo best seller español (o das fillas do César): "Yo, antes, me consideraba lector; ahora me considero escritor", e ao carallo.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité