jeudi 8 janvier 2009
O FARO ABRE 'A PORTA DE MAYO'
Dolores Martínez Torres asina a primeira crítica d'A Porta de Mayo.
jeudi 8 janvier 2009
QUE BAILARÁN OS ROBOTS?
A decepción do día: Florian Schneider, un dos fundadores de Kraftwerk, anunciou que deixa a banda. Agora soamente nos quedan Ralf Hütter dos orixinais e mais as lembranzas da homenaxe a madame Curie ou aquela emocionante modelo,á que tamén miraron acertadamente David Byrne co Balanescu Quartet ou os Rammstein. Vai un agasallo ben curioso para esta despedida.
jeudi 8 janvier 2009
PROFETICEI NA MIÑA TERRA
A presentación d'O globo de Shakespeare o pasado sábado en Ribadeo foi emocionante. A Casa das Letras encheuse de xente malia a friaxe e o Barça. Farruco Graña presentoume no nome da Asociación Cultural Francisco Lanza, que promoveu o acto, algo que eu agradezo porque non é habitual que te chamen do teu pobo senón é por unha factura impagada do gas. Farruco emocionoume pedindo que algún día un globo sobrevoase a ría de Ribadeo, como acontece na novela. Logo veu un diálogo con Gonzalo Moure, sobre o que sempre lamento que deixase o... [Lire la suite]
jeudi 8 janvier 2009
XOSÉ MIRANDA, XUÍZ DE GARDA
No meu soño desta noite, Xosé Miranda foi xuíz de garda
