Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
12 janvier 2009

ENVEXA, FASCINACIÓN, AMOR

"Se unha persoa paga por un libro, cando menos, que se entreteña e o pase ben".

As relacións entre os personaxes d'O Globo de Shakespeare "están moi marcadas pola envexa, pola fascinación, aínda que existen relacións máis sentimentais"

"A novela xira arredor das arelas dos personaxes, dos soños que non se cumpriron"

"Non entendo que haxa escritores que pensan que non deben promocionar o seu libro:se un editor arrisca a publicar o noso libro, cómpre acompañalo"

(Entrevista -moi ben preparada e desenvolvida- de Lara Rozados en A Nosa Terra)

Publicité
Publicité
Commentaires
J
Si, Libreiro, coñezo a práctica de pagar por espazo no escaparate. O que eu lles pido aos libreiros é un esforzo a prol do libro galego, como lles pido aos do meu gremio, os escritores, que escriban novelas para que ese esforzo lles pague a pena a vostedes. Precisamos ilusionarnos os uns aos outros para que o libro galego mellore as súas cifras. Insisto en que son moi consciente que eu falo dun dos meus dous oficios e que vostede me fala dun oficio único para moitos libreiros. Por iso quero que teña presente que escribo co máximo dos respectos. Canto os editores, sei que non lles sobra a marxe de manobra; non creo que ninguén vaia deixar de poñer un expositor a un libro que edita por capricho ou por amolar aos libreiros.
Répondre
L
E que en moitas librarías, amigo Jaureguízar, os metros de escaparate páganse en euros. Fale con Bragado ou con Freixanes de pagar una cabeceira, un escaparate, un expositor... e cónteme a cara que poñen. Se escarallan a rir. "Para qué?" lle preguntarán.

As editoriais Planeta ou Algaida que colocan no escaparate a Espido Freire, participan no custo dos catálogos que se envían aos clientes, mandan expositores ben feitiños, fan uns descontiños no rappel no cabo do ano…

Euros!

A mesma cousa estraña que me pide Fenosa pola luz, o colexio no meu fillo pola súa educación ou o home que me aluga a casa por vivir nela.
Répondre
J
Si, Libreiro, eu non lle vou negar que vostedes son a parte máis feble do negocio porque manteñen un negocio. Coincidirá comigo en que moitos libreiros (xeralizo, obviamente) non moven o dedo meiniño por vender un libro en galego. Estou canso de mirar exemplares dos últimos de Auster ou Murakami en español nos escaparates e ter que dirixirme á Reserva India do Libro Galego para atopar as versión na nosa lingua. Xa sei que os exemplares vendidos non son os mesmos, pero, se todos colaboramos, podemos equiparar as vendas porque no caso deses autores, falamos dun lector culto non de adolescentes que soñan con vampiros Tantas vendas perden as grandes librarías por colocar o novo de Borrazás, Constela, Camilo Franco ou Xesús Fraga no canto dun libro de apicultura ou unha novela de Espido Freire nun currunchiño do escaparate? Escribo todo isto moi consciente do malos tempos polos que pasa a súa profesión; moitos escritores, certamente, están felices con amosarlles o libros aos sogros (esa imaxe divertiume moito).
Répondre
L
O sistema está corruto: as dúas editoriais grandes non pagan anticipos, as pequenas non pagan regalías... Non se pode esixir profesionalidade á cadea cun primeiro eslavón tan feble. Se a literatura é un negocio, ten que ser negocio para todos. Pero non o é.
Os editores galegos, nas mais das ocasións, publican por criterios distintos aos literarios e/ou comerciais. Sen embargo, o seus chiringuitos non pechan porque xa está aí Papágoberno para mantelo vivo cando fai falla osíxeno.
Pola súa parte, os autores galegos nunca cobraron, e semella non preocuparlles. A meirande parte deles teñen un oficio alimenticio e consólanse con amosar aos sogros as súas biografías nas lapelas dos libris que ninguén le.
Os libreiros, pola contra, estamos suxeitos ao mercado. Péselle a quen lle pese. Non podemos vender os excedentes á Xunta. Vendemos o que os clientes queren mercar. Eu prefiro vender O porco de pé que Amencer. Pero, qué lle vou facer? Teño que levar o pan a casa.
Répondre
J
Concordo, Corsario, en que todos os que estamos no sistema literario galego temos a nosa parte de culpa na invisibilidade dos nosos libros: escritores, editores, libreiro, cargos institucionais,... e creo que iso acontece porque temos unha primeira barreira, a dos lectores que teñen dificultades para ler en galego e que nunca van mirar un libro na nosa lingua nin para ler a sinopse. Un segundo problema é a falta de marxe que deixan os libros, que, asumámolo, non son un negocio no que van entrar Jove ou Amancio. Iso non ten que ver con que unha empresa que reciba subvencións da Xunta incumpra coas súas obrigas cos seus fornecedores (os escritores), eu defendo, e nisto sigo a Camilo Franco, que Cultura debería ter un control para revisar as axudas. O terceiro asunto é a nugalla e/ou a falta de fe nas nosas creacións: eu creo que temos calidade e variedade, pero disque somos poucos os escritores que o pensamos de boca para adentro.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 427
Publicité