mercredi 14 janvier 2009

CULTURA DESMINTE

Cultura desminte á Voz asegurando que ningún cargo vai asistir á Feira do Libro da Habana, senón que o farán tres de Lugo Paco Martín, Anxos Sumai, Xabier Cid, Ramom Pinheiro e Xosé Tomás, con tres persoas de equipo técnico a maiores.Engaden que os gastos totais son de 51.700 euros.
Posté par Jaureguizar à 19:18 - Commentaires [4] - Permalien [#]

mercredi 14 janvier 2009

SERRUCHOS FAMENTOS EN COMPOSTELA

Ninguén canta o desamor coma Stuart Stiples. O 11 de febreiro presentarán 'Hungry saw' na sala Capitol de Compostela.
Posté par Jaureguizar à 17:55 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mercredi 14 janvier 2009

JORGE COIRA XANTA 18 VOLTAS

Jorge Coira empezará canda marzo a rodaxe dunha longa. Contará doce historias de persoas que toman decisións importantes (ou non as toman, ou non son importantes) arredor dunha mesa en seis almorzos, seis xantares e seis ceas. Habérá moito traballo de preparación para que haxa moita improvisación. Estrea no 2010.
Posté par Jaureguizar à 12:19 - Commentaires [1] - Permalien [#]
mercredi 14 janvier 2009

BUGALLO: REVENGE, REVENGE!

A despedida vainos saír cara, pero non me negarán que hai ter un retorto e intelixente sentido do humor para facela dese xeito e nese momento.
Posté par Jaureguizar à 12:16 - Commentaires [2] - Permalien [#]