Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
15 janvier 2009

POR QUE HABERÍA DE DEBATER CUN AFRIKANER?

Recibe un convite para debater cun señor que representa a unha seita que defende os negros e os brancos non poden ir xuntos á escola e que a inmensa maioría de negros intenta impoñer a súa cultura a unha minoría de brancos. Por suposto, rexeito participar porque non lle vou dar ao grupúsculo de radicais ao que representa unha relevancia que eles non acadan na sociedade. Non teño nada sobre o que dialogar con semellante identitófobo.

Publicité
Publicité
Commentaires
I
Olhe, senhor Martin Pawley, que os ovnis existem. Igual que as isoglossas. Nom aceito que meta umha cousa tam séria como essa no mesmo saco que os espíritos, as medicinas alternativas e magufadas (magoo-fadas?) várias...<br /> Um respeito para os ovnis, carafio!<br /> :)
Répondre
J
Efectivamente, eles non teñen nada que perder.
Répondre
M
Paréceme unha decisión ben atinada. No ámbito da divulgación científica hai tamén moita xente que xa desbotou a utilidade de debater cos defensores de toda clase de magufadas (ovnis, espíritos, medicinas alternativas...), porque o que procura xustamente a pseudociencia é lexitimarse en enfrontamentos "de igual a igual" cos representantes da razón. Dá o mesmo cal sexa o resultado dun debate deses, o vencedor é sempre o que non ten nada que perder.
Répondre
J
Pois grazas, Pasaba Por Aquí. Deberíamos acordar entre todos os que coñecemos a situación do galego non acudir a ningún debate con GB ata que sanen das súas alucinacións. O de separar os escolares por linguas seméllame a proposta máis etnófoba que lin en moito tempo.
Répondre
P
Súmome aos parabéns pola súa decisión. O que queren estes segregacionistas é publicidade para o seu traballo: manter o galego, e as persoas galego falantes, nunha posición subordinada socialmente. Xa lles espazo dabondo nalgúns medios, así que me parece magnífico que vostede non se sume a esa campaña.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité