Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
15 janvier 2009

CANTA XENEROSIDADE CON 'O GLOBO DE SKP'!!!!

Eu, que sempre atopo escasa a atención á literatura galega, quero proclamar que son un felicísima excepción. A atención e o apoio que xornais, radios, televisións, blogs e librarías (xornalistas, críticos, editores, axentes literarios e libreiros) están dando a O Globo de Shakespeare animoume a berralo aquí, conmovido por tanto cariño e respecto, dende o escenario do cabaret. A xente da miña editorial ten a paciencia de recompilalo nota a nota (síntoo, tíos, pero espero seguir dándovos traballo). Vou descorchar catro botellas de Veuve de Clicquot, que esqueceu Von Ribbentrop no local (das que vendía ao pai de Modiano); confío en que abasten para que siga bulindo a miña ledicia.

Publicité
Publicité
Commentaires
J
Si, ese libro deixa pegada. Lino hai dous ou tres anos. O francés de Modiano é sinxeliño e déixase ler moi suavemente. Propuxen por aquí a tradución, pero sen éxito.
Répondre
B
Pois alegróme polo éxito do Globo. E agardo a que convide ao champagne de Modiano pai, porque 4 bouteilles para un só abondan. Xa vexo que leu a espléndida historia do pedigrí do Modiano fillo.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité