jeudi 15 janvier 2009
CANTA XENEROSIDADE CON 'O GLOBO DE SKP'!!!!
Eu, que sempre atopo escasa a atención á literatura galega, quero proclamar que son un felicísima excepción. A atención e o apoio que xornais, radios, televisións, blogs e librarías (xornalistas, críticos, editores, axentes literarios e libreiros) están dando a O Globo de Shakespeare animoume a berralo aquí, conmovido por tanto cariño e respecto, dende o escenario do cabaret. A xente da miña editorial ten a paciencia de recompilalo nota a nota (síntoo, tíos, pero espero seguir dándovos traballo). Vou descorchar catro botellas de Veuve... [Lire la suite]
jeudi 15 janvier 2009
POR QUE HABERÍA DE DEBATER CUN AFRIKANER?
Recibe un convite para debater cun señor que representa a unha seita que defende os negros e os brancos non poden ir xuntos á escola e que a inmensa maioría de negros intenta impoñer a súa cultura a unha minoría de brancos. Por suposto, rexeito participar porque non lle vou dar ao grupúsculo de radicais ao que representa unha relevancia que eles non acadan na sociedade. Non teño nada sobre o que dialogar con semellante identitófobo.