Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
24 janvier 2009

OS SOÑOS QUE TEMOS TODOS

O Globo de Shakespeare é un "libro sobre os soños que temos todos: de poder, de amor, de éxito... Fala do espectáculo, e do fracaso, a través dun personaxe, Ricardo, un titiriteiro que ten un teatro nun pazo, e que lle ten envexa a un escritor de éxito. Chega un punto no que o seu fracaso é tal que só actúa para unha prostituta á que lle paga por velo actuar".

Publicité
Publicité
Commentaires
J
Non ten de que desculparse, Goretti, era unha tarde de cans e gatos, que din os ingleses. Mesmo eu avaliei a posibilidade de suspender o acto diante da previsión climática. Pero ao cabo fun e comprobei que houbo unha presada de afoutos que me queren tanto como para enchoupárense coma pitos. E ben que llelo agradezo. Sobre o que me di do final, busquei un final espectacular, concentrado, teatral, shakespereano. De aí vén a concentración de feitos.
Répondre
G
Sintoo, jaure. Non poiden ir a túa presentación d´O Globo á libraria Librouro. Non me apetecía cruzar a Ría coa ameaza do temporal. Unha mágoa, quizais co seguinte libro. A min tamén me parece a túa mellor novela ata o momento, así que para a aproxima entrega agardo algo mellor. O globo ten algo de serrín polo medio, maila posuir un ritmo narrativo trepidante. Quédome co actor secundario de películas do oeste, o gran fracasado. Creo que a final da novela vai un pouco acelerada demais, como pasada de revolucións provocando que renxa un pouco o motor de tan intrincada trama. Pero só é unha apreciación. Ben, quedeime sen que me desvelaras os misterios da alma humana. Outra vez será, se Deus quere. Foi unha tarde de inverno, repito que o sinto.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité